[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 19 DE AGOSTO DE 2018 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios
Páxina Principal
Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios
Servizo de Desenvolvemento Local
Actividades
Promoción económica e do fomento do emprego
Plan formación para o emprego
SIL
Servizo de orientación laboral
Servizo de asesoramento a emprendedores
Oficina de atención ao inmigrante
Obradoiros de emprego
Unidade de Promoción e Desenvolvemento
Comercio
Área de Comercio
REDIC
OPIC
Proxectos europeos
Fomento emprego: Aquelando II
Medio Ambiente: Ecoredesaneasol
Turismo: Nea II
Proxectos finalizados
Proxectos da Iniciativa Comunitaria Interreg III-A
Deputrans
Vías Atlánticas
Uniminho
Navi
Cofroem
Cidade +
Proxectos da Iniciativa Comunitaria Interreg III-B
NEA
Proxectos artigo 6 do regulamento FSE
Proxecto Empleocities
Subvención Global
Proxectos da Iniciativa Equal
Conta con elas
Convive +
Mercurio

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8
DESENVOLVEMENTO LOCAL E FONDOS COMUNITARIOS 

Traballos desenvolvidos

O traballo arqueolóxico levado a cabo pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra no marco do “PROXECTO INTERREG III-A VÍAS ATLÁNTICAS”, orientado á documentación, definición e delimitación da Vía XIX (de Bracara Augusta a Asturica Augusta) do Itinerario Antonino, articulouse en dúas fases:

  1. FASE DE GABINETE. Executada por técnicos da Deputación, nela se procedeu a realizar as seguintes tarefas:
    • Consulta das fontes clásicas (Itinerario Antonino, Táboa Peutinguer, Anónimo de Ravenna e Táboas de barro de Astorga).

      Baldeirado bibliográfico recollendo todas as referencias á Vía publicadas, desde a primeira hipótese de 1863 á última presentada no ano 2004 por A. Rodríguez Colmenero, S. Ferrer e R.D. Álvarez.

    • Baldeirado das fichas do Inventario de xacementos arqueolóxicos da Consellería de Cultura e Deportes. Consultáronse as fichas de castros, xacementos romanos e achados que, dalgunha maneira, tiveran relación coa Vía (miliarios, epígrafes dedicados ós lares, viais, cultura, material de cronoloxía romana) nos municipios polos que discorre o trazado. Consultáronse as fichas dos concellos de Tui, Porriño, Mos, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Pontevedra, Barro, Portas, Caldas de Reis, Valga e Pontecesures e recolléronse os datos referidos a 95 xacementos arqueolóxicos (40 castros, 26 xacementos romanos e 19 achados) catalogados pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
  2. FASE DE CAMPO. Tras a compilación de datos, a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra procedeu á contratación dunha asistencia técnica para a execución dos seguintes traballos:
    • Elaboración dun “Proxecto de Prospección Superficial Intensiva para o recoñecemento e delimitación da Vía Militar Romana Nº XIX do Itinerario Antonino”, redactado en base ó Proxecto Vías Atlánticas, á Lei 8/1995, de 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia e ó Decreto 199/1997, Regulador da Actividade Arqueolóxica na comunidade de Galicia.
    • Unha vez autorizado o proxecto pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Deportes, desenvolvéronse os traballos de prospección sobre o terreo por un equipo de tres técnicos, percorréndose máis de 93 quilómetros lineais, nos que se documentou un posible novo miliario anepígrafe na parroquia de Salcedo (Pontevedra) e 4 quilómetros do trazado da Vía XIX inéditos, pois o resto do trazado está alterado polo Camiño de Santiago Portugués ou por infraestruturas viarias actuais (RENFE ou N-550).
    • O resultado dos traballos plasmarase no correspondente Informe Valorativo, tal e como establece o Decreto 199/1997, atendendo ó seguinte esquema:
      1. Delimitación e definición da Vía XIX na provincia de Pontevedra (un 90% do trazado atópase alterado por obras viarias posteriores).
      2. Identificación dos diversos xacementos arqueolóxicos relacionados coa Vía XIX, (castros, mansios, villae) xa recollidos no Inventario de Bens Arqueolóxicos da Consellería de Cultura e Deportes, e elaboración dun catálogo.
      3. Actualización dos datos contidos nas 95 fichas consultadas.
      4. Documentación dos novos restos relacionados coa Vía XIX (miliario anepígrafe de Salcedo (Pontevedra) e do tramo inédito identificado de 4 quilómetros entre os concellos de Pontevedra e Barro)
      5. Elaboración das novas fichas do Inventario de Bens Arqueolóxicos.
      6. Planificación de futuras actuacións arqueolóxicas orientadas a confirmar a relación dalgún dos restos inventariados coa Vía XIX, mediante a execución de sondaxes arqueolóxicas valorativas ou de limpezas manuais exhaustivas localizadas baixo control arqueolóxico.
      7. Desenvolvemento dun plan de limpeza e sinalización do trazado definitivo documentado.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 13/12/2005 14:59
Copyright © 2002-2018, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/