É un programa que xurdiu co obxectivo principal de achegar as novas tecnoloxías ó medio rural proporcionándolle acceso público e gratuíto a Internet en banda ancha a fin de lograr a súa participación efectiva na Sociedade da Información.
¿Cal é a achega da Deputación Provincial de Pontevedra?
A Deputación Provincial cofinancia o proxecto cunha achega de 4.000 euros por telecentro se o concello non dispón de ADSL e de 2.500 euros en caso contrario.
A Deputación Provincial, ademais de dar a coñecer o proxecto, encárgase da convocatoria, preselección e coordinación dos municipios beneficiarios para garantir a asistencia, formación e dinamización dos centros.
¿Que equipamento lle ofrece o programa a cada telecentro ?
O Centro de Acceso Público a Internet ou “Telecentro” constitúese como un espazo público equipado con terminais de acceso a Internet, que se porá a disposición de todas as persoas do municipio. Consta dos seguintes compoñentes:
- Tres anos de conectividade a Internet en banda ancha
- Equipamento
- Terminais avanzados e terminais de navegación
- Rede local sen fío
- Periféricos (impresora láser, escáner, webcam, etc.)
- Servizos de instalación e mantenemento presencial durante 3 anos
- Tres anos de servizos de control e xestión remoto do centro
- Portais de servizos a poboacións rurais
- Servizos de dinamización e formación
Mediante a conexión sen fío é moi sinxelo engadir novas terminais de acceso a Internet. As persoas poderán acudir ó telecentro e conectarse a Internet cos seus propios equipos portátiles dotados dunha tarxeta wi-fi.
Para obter más información pódese visitar: www.telecentros.es
¿En que consisten os servizos de dinamización e formación?
O éxito global do programa ‘Telecentros’ require da dinamización dos centros de acceso público a Internet así como da formación do persoal de soporte.
Propóñense actividades baseadas nos principios de universalidade, transversalidade e inclusión social:
- Acceso gratuíto a internet
- Formación de dinamizadores e responsables dos telecentros
- Acceso ós servizos da e-administración
- Contidos de interese para os diferentes sectores (agricultura, gandería, etc.) e colectivos (mozos, profesionais, etc.)
- Formación das persoas que acceden ó telecentro
- Acceso á información e á comunicación
- Busca de oportunidades de emprego e fomento das iniciativas empresariais
- Actividades de acción social
- Actividades culturais
¿De que medios debe dispoñer un concello ó solicitar un Telecentro?
Os concellos non teñen que realizar ningunha achega económica, soamente deben dispor dun local adecuado de acceso público e dunha persoa que se responsabilice de atender o centro polo menos 5 horas diarias.
INFORMACIÓN ADICIONAL
- Teléfono de contacto en Deputación: 986 804 135
- Teléfono da Consellería de Innovación, Industria e Comercio: 981 545 583
AXENTES IMPLICADOS
- Deputación Provincial de Pontevedra
- Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia
- Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA)
- Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP)
- Entidade Pública Empresarial Red.es (dependente do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio) www.red.es
|