[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Servizos » Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios » Proxectos finalizados » Proxectos da Iniciativa Equal
Páxina Principal
Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios
Servizo de Desenvolvemento Local
Actividades
Promoción económica e do fomento do emprego
Plan formación para o emprego
SIL
Servizo de orientación laboral
Servizo de asesoramento a emprendedores
Oficina de atención ao inmigrante
Obradoiros de emprego
Unidade de Promoción e Desenvolvemento
Comercio
Área de Comercio
REDIC
OPIC
Proxectos europeos
Fomento emprego: Aquelando II
Medio Ambiente: Ecoredesaneasol
Turismo: Nea II
Proxectos finalizados
Proxectos da Iniciativa Comunitaria Interreg III-A
Deputrans
Vías Atlánticas
Uniminho
Navi
Cofroem
Cidade +
Proxectos da Iniciativa Comunitaria Interreg III-B
NEA
Proxectos artigo 6 do regulamento FSE
Proxecto Empleocities
Subvención Global
Proxectos da Iniciativa Equal
Conta con elas
Convive +
Mercurio

Páxina [1] 2 3 4
DESENVOLVEMENTO LOCAL E FONDOS COMUNITARIOS 

Iniciativa Comunitaria Equal

Os proxectos enmarcados dentro da Iniciativa Equal promoven novos xeitos de combater as formas de discriminación e desigualdade en relación co mercado de traballo a través da cooperación transnacional. Foi publicada nunha Comunicación da Comisión ós Estados Membros publicada no Diario Oficial das Comunidades Europeas (DOCE C 127 de 05/05/2000). EQUAL financia actividades levadas a cabo por asociacións estratéxicas. As asociacións EQUAL, que actuarán dentro das áreas temáticas, denomínanse agrupacións de desenvolvemento (AD).

As áreas temáticas para a Iniciativa Equal son as seguintes:

  1. Capacidade de inserción profesional
    • Facilitar o acceso e a reincorporación ó mercado de traballo das persoas que padecen dificultades para integrarse nel. Combater o racismo e a xenofobia en relación co mercado de traballo.
  2. Espírito de empresa
    • Abrirlles o proceso de creación de empresas a todos, proporcionando os instrumentos precisos para a creación de empresas e para a identificación e explotación de novas posibilidades de emprego nas zonas urbanas e rurais. Reforzar a economía social (ou terceiro sector), en particular os servizos de interese para a comunidade, e con especial atención a mellora da calidade dos postos de traballo.
  3. Adaptabilidade
    • Promover a formación permanente e as prácticas laborais integradoras que fomenten a contratación e a permanencia no emprego das persoas que sofren discriminación en relación co mercado de traballo.
    • Apoiar a adaptabilidade das empresas e os traballadores aos cambios económicos estruturais e o uso da tecnoloxía da información e outras novas tecnoloxías.
  4. Igualdade de oportunidades
    • Conciliar a vida familiar e a profesional, así como reintegrar os homes e as mulleres que abandonaron o mercado de traballo, mediante o desenvolvemento de formas máis flexibles e efectivas de organización do traballo e servizos de apoio.
    • Reducir os desequilibrios entre homes e mulleres e apoiar a eliminación da segregación no traballo.

A Deputación de Pontevedra traballa en Equals enmarcados na acción 1, co proxecto Convive +, na acción 3 co proxecto Mercurio, do que ademais é xefe de grupo, e 4 co proxecto Conta con elas.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3 4

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 28/03/2011 13:50
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/