[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Servizos » ..... » Proxectos finalizados » Proxectos artigo 6 do regulamento FSE » Proxecto Empleocities
Páxina Principal
Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios
Servizo de Desenvolvemento Local
Actividades
Promoción económica e do fomento do emprego
Plan formación para o emprego
SIL
Servizo de orientación laboral
Servizo de asesoramento a emprendedores
Oficina de atención ao inmigrante
Obradoiros de emprego
Unidade de Promoción e Desenvolvemento
Comercio
Área de Comercio
REDIC
OPIC
Proxectos europeos
Fomento emprego: Aquelando II
Medio Ambiente: Ecoredesaneasol
Turismo: Nea II
Proxectos finalizados
Proxectos da Iniciativa Comunitaria Interreg III-A
Deputrans
Vías Atlánticas
Uniminho
Navi
Cofroem
Cidade +
Proxectos da Iniciativa Comunitaria Interreg III-B
NEA
Proxectos artigo 6 do regulamento FSE
Proxecto Empleocities
Subvención Global
Proxectos da Iniciativa Equal
Conta con elas
Convive +
Mercurio

Páxina 1 [2]
DESENVOLVEMENTO LOCAL E FONDOS COMUNITARIOS 

Empleocities

  • Denominación iniciativa comunitaria: Empleocities: Cidades e Empresas polo Emprego
  • Duración do proxecto: Programa prorrogado deica o 28/02/2005
  • Custo total: 1.508.590 euros
  • Participación europea (fondos): Medidas innovadoras financiadas en virtude do artigo 6 do Regulamento do Fondo Social Europeo
  • Partenariado do proxecto:
  • Organismo público responsable: Deputación Provincial de Pontevedra
    • Enderezo: Avda. Montero Ríos s/n Pazo provincial. Pontevedra
    • Teléfono: 986 804 100
    • Persoa de contacto Antonio Torrón, coordinador xeral proxecto
    • E-mail: atorron@depo.es
    • Páxina web do proxecto: www.empleocities.com
  • Órgano de dirección e control: Deputación Provincial de Pontevedra
  • Órgano xestor: Deputación Provincial de Pontevedra
  • Ámbito xeográfico:
    • Comarca do Morrazo.
    • Comarca do Salnés
    • Área Intermunicipal de Vigo
  • Descrición do proxecto:

    O seu principal obxectivo é contribuír ó desenvolvemento da Estratexia Europea de Emprego a nivel local a través da participación activa dos axentes económicos e sociais, así como administracións locais no desenvolvemento das políticas de emprego

    ACTUACIÓNS:

    • Análise exhaustiva do territorio en materia de emprego, analizando as variables máis importantes do mercado laboral e recompilando as diferentes accións levadas a cabo no territorio polas administracións públicas e axentes sociais. As conclusións deste estudo sometéronse a análise e debate cos axentes do territorio a través dos comités locais de emprego, órganos plurais que constitúen un dos piares básicos do proxecto.
    • Plans locais de emprego elaborados dentro do marco do proxecto seguindo as directrices da Estratexia Europea de Emprego, e polo tanto dende un enfoque global:
      • Mellora dos sistemas de inserción
      • Fomento da cultura emprendedora
      • Igualdade de oportunidades para homes e mulleres
      • Loita contra a exclusión, etc.
    • Busca da calidade nas políticas de emprego, como camiño para alcanzar a eficacia e a eficiencia nestas. Deseñouse un proceso de mellora da calidade a través da xestión de marcas de calidade no emprego de carácter territorial, proceso que vai mais alá da propia vida do proxecto e que esperamos poida servir de exemplo e guía para futuras actuacións que en materia de emprego se desenvolvan na provincia.
    • Plataforma telemática. O proxecto Empleocities tamén aproveitou as oportunidades que ofrecen as tecnoloxías da información e comunicación, TIC´s desenvolvemento unha plataforma telemática que lles permitirá ós cidadáns accederen a toda a información relevante en materia de emprego:
      • Información sobre o territorio
      • Servizo de acceso a axudas en materia de emprego, busca de emprego, oportunidades de negocio e autoemprego.
      • Apoio e asesoramento á persoa emprendedora.
      • Creación de puntos de acceso telemático a través dunha pantalla táctil que se situou en distintos edificios públicos para que calquera persoa interesada poida acceder a toda esta información de forma áxil e sinxela.
      • Esta plataforma serve ademais como ferramenta de traballo para os técnicos e axentes de emprego, que poderán incorporar toda a información referente ó emprego dos seus respectivos ámbitos de actuación. Tamén conta cun sistema innovador que supón para os técnicos dispoñer dun apoio para a toma de decisións relativas ás medidas a realizar no seu territorio para o fomento de emprego.

Páxina 1 [2]

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 17/11/2005 14:05
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/