[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios » Servizo de Desenvolvemento Local
Páxina Principal
Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios
Servizo de Desenvolvemento Local
Actividades
Política de Calidade
Promoción económica e do fomento do emprego
Plan formación para o emprego
SIL
Servizo de orientación laboral
Servizo de asesoramento a emprendedores
Oficina de atención ao inmigrante
Obradoiros de emprego
Unidade de Promoción e Desenvolvemento
Comercio
Área de Comercio
REDIC
OPIC
Proxectos europeos
Fomento emprego: Aquelando II
Medio Ambiente: Ecoredesaneasol
Turismo: Nea II
Proxectos finalizados
Proxectos da Iniciativa Comunitaria Interreg III-A
Deputrans
Vías Atlánticas
Uniminho
Navi
Cofroem
Cidade +
Proxectos da Iniciativa Comunitaria Interreg III-B
NEA
Proxectos artigo 6 do regulamento FSE
Proxecto Empleocities
Subvención Global
Proxectos da Iniciativa Equal
Conta con elas
Convive +
Mercurio

Páxina [1] 2 3
DESENVOLVEMENTO LOCAL E FONDOS COMUNITARIOS 

Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios

No ano 2008 creouse o Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios, no que se integrou a Área de Promoción de Emprego, que xa funcionaba na Deputación desde 1999. O actual servizo reúne, polo tanto, unha ampla experiencia en diferentes accións e proxectos relacionados de forma directa co fomento do emprego e o progreso económico provincial.

A Deputación de Pontevedra está acadando un importante nivel de desenvolvemento sostible na provincia nos tres eixes que o sustentan: o social, o económico e o medioambiental. Isto repercute na dinamización do emprego, que actualmente se canaliza a través do plan estratéxico, nas medidas de infraestrutura social, nos programas de apoio a colectivos coma o da muller, nos de promoción económica e empresarial, nos de avance da sociedade, da información e das TIC e nos de acción exterior.

Para o 2010 o Servizo de Desenvolvemento Local conta cun orzamento de 3.499.682,00 €. Ademais, hai que engadirlle o dos proxectos europeos que se executan anualmente nesta materia. Polo que se refire ó emprego e ó progreso local, o orzamento estimativo anual que procede do financiamento comunitario foi, nos últimos anos, de máis de 9.000.000 €, o que supón unha achega fundamental para aplicar políticas locais neste ámbito.

A experiencia da Deputación no desenvolvemento territorial e no emprego medrou nos últimos tempos de xeito considerable. A partir da xestión que se realizou na Área de Promoción Económica e de Emprego particípase en diferentes proxectos cofinanciados polas institucións comunitarias, estatais e autonómicas.

Desde 1999, data na que a Deputación conta por primeira vez con persoal técnico local de emprego, leváronse a cabo distintos proxectos que constitúen a base de cara ó desenvolvemento territorial e do emprego na provincia de Pontevedra, cun importante coñecemento do mercado laboral provincial e realizando multitude de actividades dirixidas a dinamizalo, mellorando a empregabilidade tanto das persoas desempregadas coma das traballadoras en activo.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/05/2011 15:22
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/