[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 28 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cultura » Cultura » Premios » Valle–Inclán
Páxina Principal
Servizos
Cultura
Subvencións
Plan Cultural
Colaboracións
Premios
Investigación
Valle–Inclán
Otero Pedrayo
Premio entreculturas
Programas educativos-culturais para escolares
Exposicións e certames
Ligazóns

CULTURA 

Premio Valle-Inclán

O Premio Valle-Inclán convocado pola Deputación Provincial de Pontevedra en colaboración co Concello de Vilanova de Arousa, desde o ano 2004, ten como fin galardoar a aqueles estudos que traten sobre calquera aspecto da vida e da obra do escritor vilanovense dende o punto de vista científico.

Os traballos que concorran ademais de ser inéditos e orixinais deberán estar redactados en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia. O premio conta cun xurado formado por membros da Deputación de Pontevedra, representantes da Administración autonómica e local e persoas de recoñecido prestixio intelectual e académico.

Ademais do importe económico corresponderalle ó galardoado un diploma, unha copia da acta do xurado, e a posibilidade que durante un ano a Deputación promova a publicación do traballo premiado.

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 21/12/2010 11:23
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/