[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Deportes
Páxina Principal
Servizos
Deportes
Subvencións
Convenios
Festa do Deporte Provincial
Festa da Bicicleta
Escolas deportivas
2009/2010
2010/2011
Trofeos Deputación de Pontevedra

Páxina 1 [2]
DEPORTES 

Deputación de Pontevedra

Festas da Bicicleta e Marchas Populares

Anuncio

Anuncio

A Xunta de Goberno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria, do día 25 de febreiro do ano 2005, aprobou, entre outros, o seguinte acordo:

FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES

Esta Deputación Provincial de Pontevedra, no seu afán de fomentar o deporte popular aberto a todos os cidadáns que o desexen, vén celebrando, en colaboración cos concellos, actividades deportivas que, polo éxito alcanzado en anos anteriores, considera conveniente conservar.

A súa programación rexerase polas seguintes

B A S E S

1.— MARCHAS POPULARES
Consisten na realización de carreiras pedestres por tramos urbanos ou rurais nos concellos, de conformidade cos seguintes requisitos:

  1. Poderán participar todas as persoas maiores de 8 anos en categorías masculina e feminina.
  2. O Concello sinalará a data idónea e o percorrido, encargándose igualmente de manter a orde coa Policía Municipal, Cruz Vermella, Protección Civil, etc.

2.— FESTAS DA BICICLETA
Teñen por obxecto realizar marchas ciclistas populares de percorrido non superior a 10 km, podendo participar quen o desexe sen límite de idade e conforme ós seguintes requisitos:

  1. O Concello sinalará a data para a súa celebración e o percorrido para efectuar (indicando o lugar de concentración para a saída e a chegada, encargándose da orde coa Policía Municipal, servizos da Cruz Vermella, Protección Civil e Garda Civil de Tráfico.
  2. Os peticionarios das probas realizarán as solicitudes de acordo co establecido no art. 2 no Anexo II do R.d. 1428/2003, de 21 de novembro (BOE núm. 306, de 23/12/03), polo que se aproba o Regulamento de circulación, en particular o referente a “probas deportivas, marchas ciclistas e outros eventos”.
  3. A concesión da proba obriga ós concellos a informar e dar a adecuada difusión pública do evento deportivo, así como a anunciar o patrocinio deste organismo provincial.

3.— Os concellos interesados solicitarán soamente unha das probas fixadas anteriormente, mediante un escrito presentado no rexistro xeral desta Deputación, ata o 30 de xuño de 2005, achegando o compromiso formal de que, no suposto de ser favorecidos con algunha delas, cumprirán e garantirán o sinalado nestas bases.

4.— A concesión das probas ós peticionarios, autorizarase pola Xunta de Goberno, tras o informe previo da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, ata esgotar a consignación orzamentaria.

5.— Para a organización e control das marchas populares e festas da bicicleta procederase á correspondente adxudicación do contrato de prestación de servizos, asumindo a empresa adxudicataria os gastos da montaxe de valos e demais requisitos necesarios para salvagardar a seguridade dos participantes; colocación dos carteis anunciadores e publicitarios das probas, debendo ademais suscribir a correspondente póliza de seguros para evitar calquera contratempo que poidan sufrir os participantes.

A empresa adxudicataria organizará as probas nos concellos da provincia tal e como se establece no apartado 3) destas bases, achegando a Deputación a cantidade de cincocentos euros (500,00 €) por proba celebrada.

O custo deste contrato financiarase con cargo á partida orzamentaria 05/451.452.227.06, por un importe de trinta mil euros (30.000,00 €).

6.— A Deputación Provincial de Pontevedra sufragará os gastos de adquisición de carteis anunciadores, bicicletas, camisetas, cascos e outros premios necesarios con destino ós participantes.

A adquisición realizarase de acordo co procedemento de contratación oportuno, que se fará con cargo á partida 05/451.452.226.14, por importe máximo de corenta e dous mil euros
(42.000,00 €).

Pontevedra, 25 de febreiro de 2005


Boletín Oficial da Provincia, data 04/03/05, número 44, páxina 15, anuncio 2005001751.

Páxina 1 [2]

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 04/03/2005 06:57
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/