[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 11 DE DECEMBRO DE 2018
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Ordenanzas
Ordenanzas 2003
Ordenanzas 2004
Ordenanzas 2005
Deputación de Pontevedra
Impostos
Taxas
Prezos públicos
Padroado de Turismo
Escola de Canteiros
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Atención ó cidadán

Páxina [1] 2
ORDENANZAS 2005 

Prezo público pola prestación de servizos de preparación e implantación de embrións na finca de Mouriscade

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra na sesión ordinaria do día 29 de xullo de 2005, en virtude das facultades que lle confiren os artigos 41 a 47 e 148 e concordantes do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, da autorización prevista nos artigos 4 e 8 da Ordenanza xeral reguladora dos prezos públicos, e do Acordo de delegación do Pleno na Xunta de Goberno para fixar e modificar os prezos públicos, e de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acordou por unanimidade establecer e regular o prezo público polos servizos de preparación e implantación de embrións na Finca de Mouriscade, quedando este co seguinte contido literal:

PRIMEIRO. NATUREZA E CONTIDO

    Este prezo público esixirase polos servizos de preparación e implantación de embrións que se prestan na Finca de Mouriscade.

SEGUNDO. OBRIGA DE PAGAMENTO

    Están obrigadas a pagaren este prezo público as persoas naturais ou xurídicas e máis as entidades (cooperativas, asociacións de gandeiros, etc.) que soliciten os servizos de preparación e implantación de embrións que se prestan na Finca de Mouriscade.

TERCEIRO. CONTÍA

    A estructura e a contía deste prezo público figuran no Anexo 1.

CUARTO. NORMAS DE XESTIÓN

  1. As persoas ou entidades interesadas nos servizos de preparación e implantación de embrións, que se prestan na Finca de Mouriscade, han de solicitar a súa prestación ante os servizos administrativos da finca, debendo acreditar a constitución do depósito previo. O importe do depósito determinarase segundo as contías sinaladas no Anexo I deste acordo.
  2. O pagamento do depósito acreditarase coa factura ou documento análogo que expedirán os servizos da Finca de Mouriscade.
  3. A xestión do IVE realizaraa o Servizo de Agricultura.

QUINTO. OBRIGA DE PAGAMENTO

  1. A obriga de pagamento deste prezo público nace ó iniciarse a prestación do servizo. Non obstante, o servizo considerarase iniciado no momento de presentar a solicitude.
  2. O pagamento do prezo público esixirase con anterioridade á prestación do servizo, no momento de solicitalo.

SEXTO. ENTRADA EN VIGOR

    Este prezo público entrará en vigor e aplicarase o día seguinte o da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/09/2005 09:45
Copyright © 2002-2018, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/