[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 19 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Nigrán » Introducción
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Nigrán
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10
NIGRÁN 

Introducción

O municipio de Nigrán forma parte do Val Miñor. Situado o sur da provincia de Pontevedra, na ría de Vigo. Linda cos concellos de Baiona, Vigo e Gondomar.

Ocupa unha superficie de trinta e cinco quilómetros cadrados, con noventa e cinco entidades de poboación dispersas nas súas actuais sete parroquias: Camos, Chandebrito, Nigrán, Panxón, Parada, Priegue e A Ramallosa, nas que residen máis de quince mil habitantes de xeito estable.

Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. O territorio destas parroquias dependían daquela na súa maior parte da xurisdición real de Baiona; ademais existían o couto de Priegue, con señorío do conde do mesmo nome, e a xurisdición de Panxón, con señorío do mosteiro de Oia.

Nos períodos liberais dos primeiros anos do século dezanove chegaron a funcionar os concellos de Panxón e A Ramallosa; iniciado definitivamente o proceso de instalación dos concellos constitucionais, dentro do partido xudicial de Vigo créanse os de Bouzas, Lavadores, Baiona, Vigo, Gondomar e Nigrán. Este último, formado polas actuais sete parroquias, non sufriu dende aquela alteracións na súa configuración.

Deste funcionamento continuado do concello ata a actualidade xorde un conxunto documental, conservado parcialmente, que foi obxecto de sucesivos tratamentos por parte do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, tralos que derivou na actual situación: un local debidamente equipado para a súa conservación, tratamento e consulta.

A primeira actuación para a organización dos fondos documentais do concello por parte do Servizo Técnico do Patrimonio Documental levouse a cabo no ano 1987, coincidindo coa ampliación da casa do concello, data a partir da cal se acometeron novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluída a ampliación do local.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 21/11/2007 11:58
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/