[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Introducción

Cada día a nosa sociedade marca novos retos en orde á información e conforma novas consideracións facendo un importante uso dos antecedentes. O uso dos medios o noso alcance é absolutamente necesario

A información supón a última fase do proceso técnico desenvolto na documentación que conservamos na nosa provincia, parte pequena pero importancia do patrimonio cultural de todos.

Logo de anos de continuados esforzos de organización, descrición e instalación axeitada, na procura de rachar definitivamente unha tradición de perda documental, podemos ofertar esta guía dos fondos documentais da nosa provincia, na que se pode atopar, como resultado, información veraz e profusa sobre a realidade actual do noso patrimonio documental, dirixida ós propios órganos e entidades productoras, ós cidadáns e investigadores en particular.

Das mais variadas orixes e creadores, públicos e privados; de datas e períodos cronolóxicos diversos; de temáticas e alcances diferenciados.. poderá atoparse unha descrición normalizada, a nivel de fondo documental ou grupos de fondos nalgún caso, de acordo coa norma internacional para a descrición de arquivos, elaborada polos diferentes profesionais responsables en cada centro do patrimonio documental, non sempre nas mellores condicións para o desenvolvemento do seu traballo.

Nós, desde o Servizo de Patrimonio Documental da Deputación de Pontevedra, no ano 1981 propuxemos non só a organización do noso arquivo senón a necesidade de conformar baixo un mesmo criterio a organización dos arquivos municipais da provincia de Pontevedra, realizando os traballos de organización e descrición. Estes esforzos de unificación de criterios foron dando forma e facilitando o camiño cara a unha organización informatizada.

Dispostas as bases de datos dos nosos arquivos e tamén dos arquivos municipais, estendemos a colaboración, a petición dos interesados, a outros arquivos máis directamente relacionados coa nosa Administración local, ou sexa xulgados de paz, entidades locais menores e aínda outros como cámaras agrarias, instituto... Todo elo reflíctese agora, do modo máis sucinto, nesta guía.

Outras administracións levan moitos anos de continuada labor de recollida, tratamento e conservación documental, destacando especialmente o Arquivo Histórico Provincial, garante e conservador da documentación xerada pola administración central e autonómica, entre outras.

Organismos e Institucións diversas, Museo de Pontevedra, fundación Penzol.. a propia institución eclesiástica teñen cabida nesta obra.. que queda aberta a futuras incorporacións de centros e fondos documentais así como a permanente actualización de datos e informacións.

Miguel A. Pereira Figueroa

Director do Servicio Técnico do Patrimonio Documental

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 20/05/2005 09:51
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/