Escudo Con coroa de ouro ó timbre e rodeado dunha cadea do mesmo metal, da que pende o toisón de ouro.
Distribúese en catro cuarteis; o primeiro, en campo de gules, un rei (Alfonso VII) sobre unha pena, coa espada núa e armadura de prata; o segundo, en campo de azur, un castelo, en cor pedra, con tres frechas entrecruzadas encima; o terceiro, en campo de azur, representa os mananciais de augas minerais, en cor pedra, e, sobre eles, as letras A.Q.C.C. (Augas cálidas); o cuarto, en campo de azur, dúas pontes, en cor pedra, de tres e cinco arcos, con cadansúa cruz no medio.
Expediente de aprobación en trámite na Comisión de Heráldica |