[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
 

[Prema (click) para ampliar a imaxe]
[Prema (click) para ampliar a imaxe]

Concello de Vigo

Escudo

En campo azul claro, un castelo de base cadrada rematado nunha torre almeada, todo en ouro; na parte baixa unha porta con arco de medio punto, dúas fiestras cuadrilongas no corpo medio e dúas troneiras, tamén cuadrilongas, na torreta. Cingendo, en parte, o castelo, pola súa banda esquerda unha oliveira de sinople con tronco en marrón. Todo nun cotarelo en siena, sobre un mar de seis franxas ondeadas de azur mariño. A bordura en gules, separada por unha pequena cinta branca. Ó timbre, coroa real pechada.

Aprobado no Pleno de 7 de abril de 1987.


Non adaptado ó Decreto 258/1992, do 10 de setembro, e ó Decreto 369/1998 polo que se regulan o procedemento e normas heráldicas para a aprobación, modificación ou rehabilitación dos escudos e bandeiras das corporacións locais e doutras entidades locais e a composición e funcións da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia.

Bandeira

A bandeira oficial consta de dúas cores, branca e vermella e van en forma de sotuer. O branco ós laterais e o vermello enriba e abaixo.

Aprobado no Pleno de 7 de abril de 1987.



Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 21/04/2005 09:11
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/