[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
 

[Prema (click) para ampliar a imaxe]
[Prema (click) para ampliar a imaxe]

Concello de Vilagarcía de Arousa

Escudo

Cortado e medio partido, en tres cuarteis; na parte superior, o primeiro, en campo de sinople, tres castros fortificados, da súa cor, bañados polo mar en azur e coroados dunha chave de ouro; na parte inferior, a dereita, o segundo, en campo de prata, unha trirremes con vela, da súa cor, de ouro; a esquerda unha espada de prata en campo de gules; un escusón, tamén de gules, cun piñeiro de sinople, grietado de ouro, con cinco lanzas a cada lado, as astas de prata e os ferros de ouro.Ó timbre coroa real pechada.

Aprobado por R.O do Ministerio da Gobernación de 22 de abril de 1915


Non adaptado ó Decreto 258/1992, do 10 de setembro, e ó Decreto 369/1998 polo que se regulan o procedemento e normas heráldicas para a aprobación, modificación ou rehabilitación dos escudos e bandeiras das corporacións locais e doutras entidades locais e a composición e funcións da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia.

Bandeira

Forma cuadrilonga, en catro particións, vermella e amarela, cargada de brasón municipal, no centro da unión das cores.

Decreto 229/1990, do 22 de marzo



Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 20/04/2005 14:28
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/