[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
 

[Prema (click) para ampliar a imaxe]
[Prema (click) para ampliar a imaxe]

Concello de Marín

Escudo

Partido; primeiro, de ouro, piñeiro acostado de dous osos afrontados, todo ó natural; segundo, de gules, torre sostida de ponte de tres arcos, todo de ouro; entado en punta, de azur, e ancora de ouro coroada do mesmo. Bordura de azur coa divisa NOSTRA IN MARE FORTUNA en letras de ouro. Ó timbre coroa real pechada.

Decreto 419/1996, do 21 de novembro, DOG núm. 235 (2 de decembro de 1996)


Non adaptado ó Decreto 258/1992, do 10 de setembro, e ó Decreto 369/1998 polo que se regulan o procedemento e normas heráldicas para a aprobación, modificación ou rehabilitación dos escudos e bandeiras das corporacións locais e doutras entidades locais e a composición e funcións da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia.

Bandeira

Rectangular e as súas dimensións axustaranse ó módulo proporcional 3:2 (3 m. de longo por 2 m. de ancho), con dúas franxas de cor azul celeste onduladas e paralelas na súa parte central de 1/3 do ancho, deixando á vista dous cúspides e tres concavidades na súa parte superior e tres cúspides e dúas concavidades na inferior. Rectangular con dúas franxas de cor azul celeste onduladas e paralelas. Superposto levará o escudo da vila colocado a un tercio da súa lonxitude, partindo da hasta, ocupando a franxa branca ondulada a beixa-los azuis de arriba abaixo.

Decreto 108/1986, do 20 de marzo aprobado polo Consello da Xunta de Galicia.



Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 06/05/2009 09:38
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/