[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 8 DE DECEMBRO DE 2023
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Congregación de Nosa Sra. da Concepción e Misericordia



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
"Revocación de testamento que hizo Francisco García
a favor de Juan Sánchez Díaz, año 1592".
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título Congregación de Nosa Señora da Concepción e Misericordia
1.3. Datas 1489-1839
1.4. Nivel de descrición Fondo
1.5. Volume e soporte 4 caixas en soporte papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Congregación de Nosa Señora da Concepción e Misericordia
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

Segundo a Real provisión do 21 de xuño de 1786, a súa creación débese ós escribáns de número da vila de Pontevedra. Non se menciona data de creación. O documento máis antigo existente no Arquivo é de 1489. Tiñan como actividades principais a celebración dunha festa a súa patroa, misas e aniversarios; como asociación benéfica visitaba os presos e os enfermos os mércores de cada mes, socorría os pobres e dáballe dotes ás mozas orfas e honradas.

Gobernábase por un muordomo e por oito deputados para as comisións da congregación. O dous cargos elixíanse anualmente por “cántaro e sorte”; un tesoureiro, que daba conta anualmente dos investimentos das rendas, das esmolas e das obras; ditas contas eran aprobadas e revisadas pola Congregación; avogado, médico e capiscal. A súa sede estaba nunha capela do convento de San Francisco.

Desaparece a raíz da Desamortización de Mendizabal, pasando os seus bens a ser administrados pola Xunta de Beneficencia (1838).

2.3. Historia arquivística Ingresou cos fondos do Hospital de San Juan de Dios.
2.4. Forma de ingreso Transferencia


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido A meirande parte da documentación que se conserva trata de temas económicos, como son os libros de contabilidade o as escrituras de foros.
3.2. Valoración, selección e eliminación Conservación permanente debido a que tiña máis de cen anos e pola Lei do patrimonio histórico español considérase histórica.
3.3. Novos ingresos Fondo pechado
3.4. Organización


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Libre, agás que se atopen en mal estado de conservación.
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos en mal estado de conservación.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
4.5. Instrumentos de descrición Catálogo


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas Existe documentación no Fondo do Concello de Pontevedra
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004- febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/06/2005 13:06
Copyright © 2002-2023, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/