|
 |
|
Fondo Rafael Picó Cañeque
|
|
Plano de situación do proxecto de peirao de servizo na zona M.T. de Domaio, ría de Vigo, solicitado polo concello de Moaña. 1927. |
|
 |
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES.AHPPO.36038 |
1.2. |
Título |
PICÓ CAÑEQUE, Rafael |
1.3. |
Datas |
1889-1958 |
1.4. |
Nivel de descrición |
Fondo |
1.5. |
Volume e soporte |
51 caixas e 10 planos en formato papel |
|
 |
 |
2.1. |
Nome do produtor |
Picó Cañeque, Rafael (1895-1984) |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
Arquivo privado de D. Rafael Picó Cañeque, Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos , nacido en Uceda (Guadalaxara) en 1895. Realizou os estudos na Escola de Madrid e tivo o seu destino laboral na Xunta de Obras do Porto de Pontevedra entre 1921 e 1951. Foi presidente da Deputación Provincial de 1942 a 1948. Exerceu como inspector xeral de Portos da 16 Demarcación ata a súa xubilación en 1965. Seguiu traballando na empresa privada ata 1980. Faleceu o 20 de novembro de 1984. |
2.3. |
Historia arquivística |
Esta documentación é doada polo seu fillo en 1995 para a súa conservación neste Arquivo Histórico Provincial. |
2.4. |
Forma de ingreso |
Doazón de Rafael Picó Pazos |
|
 |
 |
 |
 |
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
A documentación doada reflicte a actividade profesional privada do Sr. Picó Cañeque como enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos. Son principalmente documentos persoais e de función, onde o groso da documentación se centra nos proxectos tramitados por el como enxeñeiro xefe da Xunta de Obras do Porto. O resto dos documentos son series curtas ou soltos. A ordeación fíxose seguindo o esquema para arquivos familiares realizada por Olga Gallego Domínguez (Manual de arquivos familiares. Anabad, 1993), de forma cronolóxica. A súa cronoloxía abarca desde finais do s. XIX deica 1958, sendo significativo o período comprendido entre 1911 e 1951.
Aínda que o fondo reflicte soamente a súa actividade profesional privada, é importante polo papel que o Sr. Picó Cañeque desempeñou na sociedade pontevedresa da súa época. |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
|
3.3. |
Novos ingresos |
Fondo pechado |
3.4. |
Organización |
PICÓ CAÑEQUE, Rafael
1. Documentos funcionais (1902-1958). 1.1 – Documentos de organización (1902-1948). 1.5 – Documentos individuais. 1.5.1- Documentos persoais (1931-1954). 1.5.2- Documentos de función pública (1907-1958). Documentos de función privada (1889-1958). |
|
 |
 |
 |
 |
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
Acceso libre, agás as restricións contempladas no art. 51.1 c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español. |
4.2. |
Condición de reprodución |
Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso. |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
Castelán |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
|
4.5. |
Instrumentos de descrición |
Inventario |
|
 |
 |
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
|
5.2. |
Existencia e localización de copias |
|
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
|
5.4. |
Nota de publicacións |
|
|
 |
 |
6.1. |
Notas |
3.1.- Documentos de carácter bibliotecario (libros, revistas e folletos): 215 rexistros, de temática variada (obras públicas, vivendas, arquitectura civil e relixiosa, fauna, flora, pesca, forestal, agricultura, gandería e literatura española) e en diversos idiomas (castelán, alemán e francés). |
|
 |
 |
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber. |
7.2. |
Regras ou normas |
ISAD (G), 2ª ed. |
7.3. |
Data da descripción |
Outubro 2004 – Febreiro 2005 |
|
 |
|
|