[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Familia Llauger



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
- Escritura pola que Dª Rosa Molet y Llauger lega ó seu irmán o
crédito contra a fábrica de pesca en Vilanova de Arousa, 1867.
- Tarxeta da fábrica de salazóns.
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título Familia Llauger
1.3. Datas 1585-1969
1.4. Nivel de descrición Fondo
1.5. Volume e soporte 21 caixas en formato papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Familia Llauger
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

Enmárcase esta familia entre aquelas persoas que desde Cataluña, viñeron a Galicia a establecerse na industria do salazón da sardiña e se asentan tras a Guerra de Independencia, formando unha sociedade empresarial, padecen a crise de 1820, manteñen matrimonios endogámicos e compatibilizan a explotación comercial da sardiña con actividades coma a navegación de cabotaxe, o comercio vinícola, actividades de préstamo, de xestión bancaria, investimentos empresariais,...

A familia Llauger chegou á ría de Arousa procedente de Canet de Mar (Barcelona), asentándose en Vilanova. Este traslado encádrase no movemento migratorio que se produce a Galicia a finais do XVIII e inicios do XIX, que supón a instalación de ata 50 secadeiros cataláns na ría arousá entre 1795 e1815.

2.3. Historia arquivística Ingresou neste Arquivo no ano 2000, en réxime de depósito por solicitude dun dos membros desta familia.
2.4. Forma de ingreso Depósito de Germana García Castelo


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

Esta documentación presenta unha cronoloxía que abarca desde 1585 ata 1969, pois moitos dos seus documentos levan acaroados textos anteriores á Idade Contemporánea, principalmente de carácter fundacional.

Organízase seguindo o cadro de clasificación de arquivos familiares desenvolvido por Olga Gallego Domínguez (Manual de arquivos familiares. Anabad, 1993) Presenta documentos patrimoniais, tanto de títulos coma de administración da propiedade, algúns documentos persoais e, principalmente, documentos de función (actividades empresariais), así como alghuna documentación sobre as actividades políticas da familia.

3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos Fondo pechado
3.4. Organización

FAMILIA LLAUGER

CADRO DE CLASIFICACIÓN

1. Fondos funcionais (1585-1967).
1.3- Patrimonio
1.3.1- Documentos constitutivos de títulos de propiedade (1585-1964)
1.3.2- Documentos de administración da propiedade (1721-1967).
1.5 – Arquivos individuais (1805-1969).
1.5.1- Documentos persoais (1805-1967).
1.5.2- Documentos de función. (1847-1969).
1.5.2.1- Actividades empresariais (1847-1969).
Correspondencia comercial (1894-1-1969).
Minutas de correspondencia (1916-1955).
Informes comerciais (1929-1934).
Telegramas e telefonemas (1933-1952).
Tarxetas postais (1919-1958).
Borrador-copiador de cartas (1887-1903)
Follas calcantes de cartas comerciais (1922-1923).
Facturas (1900-1969).
Contabilidade (1961-1963).
Pólizas (1924-1958).
Escrituras de préstamo (1886-1928).
Diversos temas contables e laborais (1847-1962).
1.5.2.2- Actividades políticas (1930-1933).


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Acceso libre, agás as restricións contempladas no art. 51.1 c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán, manuscrito e mecanografado.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
O estado xeral da documentación non é bo. Gran parte do fondo está afectado pola humidade e algúns documentos teñen presenza de fungos e bacterias. Existen exemplares en bo estado e outros totalmente ilexibles.
4.5. Instrumentos de descrición Catálogo


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber.
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004 –febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/06/2005 14:16
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/