[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Delegación Vigo



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Alzado de vivienda unifamiliar en Redondela do
arquitecto Fernando Pérez Lozao Martínez.
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título Delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
1.3. Datas 1976-1977
1.4. Nivel de descrición Fondo
1.5. Volume e soporte 364 atados en soporte papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
Os colexios de arquitectos créanse polo Real decreto do 27 de decembro de 1929, que establece que “será condición obligatoria para el ejercicio de la profesión de arquitecto en España, a partir de 1º de marzo de 1930 (prorrogado posteriormente hasta el 1º de mayo), además de la posesión del correspondiente título académico, el hallarse incorporado a un colegio de arquitectos y pagar la contribución correspondiente”. Os decretos do 16 de xullo de 1930 e do 13 de xuño de 1931 determinaron a existencia de seis colexios de arquitectos con capitalidade nas cidades de León, Bilbao, Barcelona, Madrid, Sevilla e Valencia; o colexio con sede en León abarcaría o territorio correspondente ás provincias da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Oviedo, León, Zamora, Salamanca e Palencia, con delegacións en cada unha das provincias. Por D. 1025/1973 créase, por segregación do Colexio de León, Asturias e Galicia, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, con capitalidade en Santiago de Compostela. A asemblea constitutiva do Colexio tivo lugar en Santiago no mes de outubro dese mesmo ano. A súa estrutura organizativa aséntase en dous escalóns: uns órganos centrais, a Xunta de Goberno e o decano-presidente do Colexio, con sede en Santiago, e unha estrutura territorial baseada nas delegacións da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago e Ferrol, rexidas polas súas correspondentes xuntas directivas.
2.3. Historia arquivística A documentación ingresou en marzo de 1993 a partir dunha solicitude da propia Delegación, e debido á falla de espazo no Arquivo do Reino de Galicia, ó que se lle remitira documentación en anos anteriores.
2.4. Forma de ingreso Transferencia


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido O fondo está constituído unicamente polos proxectos de obras visados polo Colexio de Arquitectos de Vigo nos anos 1976 e 1977.
3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos Prevense novas transferencias, en función das dispoñibilidades de espazo do Arquivo Histórico
3.4. Organización Os proxectos de cada ano agrúpanse polo arquitecto correspondente, asignando a cada proxecto unha numeración correlativa por arquitecto e ano.


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Acceso libre, agás as restricións contempladas no artigo 57.1c), da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán, manuscrito e mecanografado
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Bo estado de conservación
4.5. Instrumentos de descrición Relación de entrega


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas O Arquivo do Reino de Galicia conserva os proxectos correspondentes ós anos 1955-1975 e 1978, así como os do Colexio da Coruña de 1945-1989. O arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra conserva a documentación do Colexio de Pontevedra de 1932-1999
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber.
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004 – febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/06/2005 12:50
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/