[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Cámaras Oficiais da Propiedade Urbana de Pontevedra e Vigo



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Conta do orzamento de ingresos e gastos da Cámara Oficial
da Propiedade Urbana da bisbarra de Vigo. 1967.
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título Cámaras Oficiais da Propiedade Urbana de Pontevedra e de Vigo
1.3. Datas ¿?-2000
1.4. Nivel de descrición Grupo de fondos
1.5. Volume e soporte 83 metros lineais de documentación en soporte papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor - Cámara Oficial da Propiedade Urbana de Pontevedra
- Cámara Oficial da Propiedade Urbana de Vigo
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

Creadas como asociacións privadas de afiliación voluntaria mediante o Real decreto do 16 de xuño de 1907, as Cámaras Oficiais da Propiedade Urbana viron recoñecido, tal e como se establecía no art. 2º, o seu carácter oficial por Real decreto, previa solicitude da asociación da propiedade correspondente. No caso da Cámara de Vigo, concedéuselle tal carácter mediante o Real decreto do 5 de decembro de 1914 tendo que pasar trinta anos ata que, pola Orde do 8 de maio de 1944, pasou a ser comarcal.

En 1919 experimentaron unha profunda transformación ó establecerse a colexiación obrigatoria dos propietarios de terreos urbanos nas cámaras mediante o Real decreto do 25 de novembro, contemplando, tamén, a súa creación nas pobacións o nas que non existían.

Ó ano seguinte, en concreto, o 28 de maio de 1920, aprobouse por Real decreto o Regulamento provisional para a reorganización e funcionamento das cámaras, que se elevou a definitivo mediante o Real decreto-lei do 6 de maio de 1927, recollendo a ampliación da xurisdición das provinciais a todo o territorio da provincia, coa excepción do que correspondera ás locais que existisen dentro dela. Con posterioridade, a Lei do 9 de setembro de 1931 elevou este regulamento á categoría de lei, que se derrogou en 1941 mediante a Lei do 30 de maio.

En 1950 a súa organización e funcionamento reguláronse por un novo regulamento aprobado polo Decreto do 10 de febreiro e modificado parcialmente en anos sucesivos. Con posterioridade, aprobouse mediante o Real decreto 1649/1977, do 2 de xuño, o proxecto de regulamento das cámaras, que pretendía dotalas da organización e autonomía que o momento requiría.

Despois da asunción efectiva, por parte da Comunidade Autónoma de Galicia, da competencia exclusiva en materia de corporacións de dereito público, mediante o Real decreto 2577/1983, do 25 de agosto, sobre traspaso de funcións a esta Comunidade en materia de Cámaras Oficiais da Propiedade Urbana, suprimíronse como corporacións de dereito público polo Real decreto-lei 8/1994, do 5 de agosto, establecéndose o procedemento para a súa liquidación e extinción mediante o Decreto 46/1999, do 11 de febreiro.

2.3. Historia arquivística Os fondos documentais procedentes de ditas cámaras ingresaron no Arquivo Histórico con poucos meses de diferenza. Mentres o da Cámara de Vigo se recolleu o 13 de novembro de 2003, o de Pontevedra chegou o 21 de xaneiro de 2004, sendo transferidos polas delegacións territoriais da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia de Vigo e de Pontevedra respectivamente.
2.4. Forma de ingreso Transferencia


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Entre as series documentais que conforman o fondo de cada unha das cámaras, abundan as relativas á xestión administrativa destes organismos, tales como contas xerais de liquidación dos orzamentos, libros de caixa, correspondencia, etc. As propias da súa organización coma as actas de sesións da xunta de goberno, os regulamentos de servizos …, e as que se xeran no exercicio das funcións que lles deu orixe coma os libros rexistro de demandas, os expedientes de desafiuzamento ou os rexistros de contratos de traballo en porterías de terreos urbanos.
3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos Fondos pechados por tratarse de organismos extinguidos
3.4. Organización

Pendente de organización e descrición  

Anos M.L.
COPU Pontevedra ?¿-2000 45
COPU Vigo 1921-2000 38
     
     
     
     


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Acceso libre agás as restricións contempladas no art. 57.1 c) da lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán, manuscrito e mecanografado
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
4.5. Instrumentos de descrición Relacións de entrega


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber.
7.2. Regras ou normas ISAD(G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004-febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/06/2005 12:48
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/