[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Cámaras Agrarias Locais



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Libro de actas da Cámara Agraria Local de Caldas de Reis, 1978-1995.
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO. 36038
1.2. Título Cámaras Agrarias Locais
1.3. Datas 1945-1996
1.4. Nivel de descrición Grupo de fondos
1.5. Volume e soporte 136 libros en soporte papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Cámaras Agrarias Locais
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

As Cámaras Agrícolas créanse polo Real decreto do 14 de novembro de 1890 e, en cada capital de provincia, polo Real decreto do 2 de setembro de 1919.

A Lei sobre unidade sindical do 26 de xaneiro de 1940 establece que as asociacións que tivesen solicitado a súa inscrición no Rexistro de Cooperativas ó amparo do artigo 16 da Lei do 27 de outubro de 1938 e que tendo, en todo ou en parte, como finalidade da súa actividade a defensa de intereses profesionais, quedan incorporados á Organización Sindical do Movemento.

As Cámaras Oficiais Agrarias, creadas polo Decreto do 18 de abril de 1947, asumen as funcións das Cámaras Oficiais Agrícolas e das “Hermandades Sindicais Provinciais” que cesan no seu cometido.

Polo Real decreto 1336/1977 do 2 de xuño créanse as cámaras agrarias provinciais, locais e comarcais, que son transferidas á Comunidade Autónoma de Galicia no ano 1994 (Decreto 2164/1999 do 4 de novembro).

As Cámaras Agrarias Locais de Galicia desaparecen no ano 1995, polo Decreto 8/1995 do 12 de xaneiro, sendo ratificado e aprobado pola Orde do 9 de agosto de 1995.

2.3. Historia arquivística A Delegación da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural enviou a documentación o 10 de xuño de 2003 e o 18 de agosto do mesmo ano.
2.4. Forma de ingreso Transferencia


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido A meirande parte da documentación son actas e libros de contabilidade.
3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos
3.4. Organización En proceso de organización.


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Acceso libre, agás as restricións contempladas no art. 57.1.c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
4.5. Instrumentos de descrición Relación de entrega.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas Arquivo Histórico da Deputación de Pontevedra
No fondo de AISS existe libros das “Hermandades Sindicales de Labradores y Ganaderos”.
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas

O xefe do Servizo de Extensión e Capacitación Agraria informou, en maio de 1999, da existencia de libros de actas das cámaras agrarias na Delegación de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de Pontevedra e de documentación na Axencia de Extensión Agraria de Pontecaldelas, uns 250 m.l. de documentación. Por obras no edificio do Arquivo esta documentación non se puido recoller no seu momento.

Unha vez rematadas as obras decídese recoller estos documentos pero desaparecerán na súa totalidade.



7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004- febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/06/2005 12:45
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/