|
 |
|
Fondo Concello de Tui
|
|
Posturas e remate de reixa para a balconada do
Concello de Tui. 1700. |
|
 |
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES.AHPPO.36038 |
1.2. |
Título |
Concello de Tui |
1.3. |
Datas |
1597-1834 |
1.4. |
Nivel de descrición |
Fondo |
1.5. |
Volume e soporte |
145 libros en soporte papel |
|
 |
 |
 |
 |
2.1. |
Nome do produtor |
Concello de Tui |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
Tui é unha das cidades máis antigas do Reino de Galicia, mencionada xa no itinerario de Antonino. Foi capital da provincia do seu nome ata a ordenación administrativa española de 1833, en virtude da que se integra na nova provincia de Pontevedra. Foi tamén capital do Reino de Galicia co rei Witiza, que instala a súa corte nesta cidade e posteriormente, a finais do século IX, co rei Alfonso III el Magno, o conde de Tui e Portugal; Hermenegildo, gobernará Galicia e Portugal no seu nome.
A comenzos da Idade Moderna, no século XVI, o Concello de Tui compoñíase dun xuíz ordinario, catro rexedores e un procurador xeral. Xuíz e rexedores eran nomeados polo bispo, deán e cabido, señores da cidade. O cargo de procurador xeral era electivo.
O goberno e a administración municipal realizábase principalmente a través dos consistorios, dos que queda constancia documental nos autos e acordos capitulares. As reunións tiñan lugar nas casas do concello.
Entre as funcións do concello atopábanse o control dos veciños por medio das veciñanzas; a inspección e control de oficios e gremios efectuados a través dos nomeamentos de veedores e examinadores; visitas ós termos da xurisdición; control dos abastecementos mediante taxas, aranceis, visitas e rexistros; obras públicas |
2.3. |
Historia arquivística |
A documentación histórica do Arquivo Municipal de Tui ingresou no Arquivo Histórico Provincial o 12 de marzo de 1943 |
2.4. |
Forma de ingreso |
Depósito |
|
 |
 |
 |
 |
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
A meirande parte da documentación componse de dúas series fundamentais: unha refírese á historia da cidade de Tui na Idade Moderna: os libros de acordos e cartas ordes (1597-1775), que recollen os acordos municipais; a outra, á historia xeral de Galicia, tamén na Idade Moderna: as copias auténticas das “Juntas del Reino de Galicia” (1608-1834), nas que se reseñan as actas das Cortes do Reino en dito período.
Conta ademais, con copias dos libros do Real de Legos do Catastro do Marqués da Ensenada da cidade de Tui e da freguesía de San Xurxo de Saiáns; Cartas ordes sobre o imposto de millóns, sobre a formación do rexemento de milicia; reais cédulas e instrucións sobre doativo de terras labradías |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
Conservación permanente por tratarse de documentación histórica |
3.3. |
Novos ingresos |
|
3.4. |
Organización |
|
|
 |
 |
 |
 |
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
Libre, limitándose o acceso naqueles documentos nos que o seu estado de conservación así o aconselle. |
4.2. |
Condición de reprodución |
Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
Castelán |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
Todos os documentos se atopan encadernados en pergameo |
4.5. |
Instrumentos de descrición |
Inventario en fichas |
|
 |
 |
 |
 |
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
|
5.2. |
Existencia e localización de copias |
|
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
Fondo documental do Arquivo Municipal de Tui |
5.4. |
Nota de publicacións |
- Monografías CARMONA BADÍA,Juan: El atraso industrial de Galicia. Madrid: Ariel, 1990 EIRAS ROEL, Antonio (dir.): Actas de las Juntas del Reino de Galicia. Santiago de Compostela: Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental, 1995- FERNANDEZ-VILLAMIL Y ALEGRE, Enrique: La escuadra de Galicia. Pontevedra: Museo de Pontevedra,1953 FERNANDEZ-VILLAMIL Y ALEGRE, Enrique: Juntas del Reino de Galicia: historia de su nacimiento, actuaciones y extinción. Madrid: Instituto de Estudios Políticos,1962 GALLEGO DOMINGUEZ, Olga...[et.al.]: El monte en Galicia: fuentes para su estudio. Madrid: Subdirección general de Archivos,1980 LÓPEZ GÓMEZ, Pedro: Tui y su archivo en el siglo XVI según el “Libro antiguo” de la ciudad. Madrid: Editorial de la Univsersidad Complutense, 1985. Separata de la Revista “La ciudad hispánica” (1985).Pp.207-229
- Artigos en publicacións periódicas ARTAZA MONTERO, Manuel Mª de: “Vigo y la Junta del Reino de Galicia en 1679”. En: Boletín del Instituto de Estudios Vigueses: Glaucopis. Año II, nº 2 (1996). Pp. 147-160 FERNÁNDEZ GASALLA, Leopoldo: “Los cuarteles e instalaciones militares en Galicia durante los siglos XVII y XVIII. La Real Maestranza de artillería de Pontevedra (1666-1739)”. En: El Museo de Pontevedra. Pontevedra: Museo de Pontevedra. Vol. LVI (2002). Pp. 191-209 |
|
 |
 |
 |
 |
|
 |
 |
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber |
7.2. |
Regras ou normas |
ISAD (G), 2ª ed. |
7.3. |
Data da descripción |
Outubro 2004-febreiro 2005 |
|
 |
|
|