[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 18 DE AGOSTO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Concello de Pontevedra



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Título de alcalde da vila de Pontevedra dado polo Arcebispo
de Santiago a favor de Gonzalo de Camoes. 1439.
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título Concello de Pontevedra
1.3. Datas 1438-1908
1.4. Nivel de descrición Fondo
1.5. Volume e soporte 160 caixas en soporte papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Concello de Pontevedra
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

O primeiro foro do “burgo de Pontevedra”, concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade.

Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ó arcebispo Pedro Compostelano a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición realenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), agás unha pequena paréntese realenga (1594-5) en tempos de Felipe II.

A vila consegue ó longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de grande importancia para o seu desenvolvemento económico.

Xa a mediados do século XIII nos atopamos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de lle propoñer anualmente ó arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous xustizas. O arcebispo resérvase o nomeamento directo dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun maxordomo cuia función é esencialmente recadatoria.

Desde finais do século XV deica a fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcades,varios rexedores (a finais do século XV o seu número estabilízase en 10) e dous procuradores xerais.

A transición do antigo ó novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedurías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ó alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. En dito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.

2.3. Historia arquivística

No Libro Rexistro de Entrada de documentación do Arquivo Histórico de Pontevedra non figura a data de ingreso do Arquivo do Concello de Pontevedra.

Só existe a constancia dunha acta da Comisión Municipal Permanente do Concello de Pontevedra, de 16 de maio de 1940, na que dita Comisión accede á petición do director do Arquivo Histórico de Pontevedra para que se lle concedan, en calidade de depósito, todos os documentos reseñados no Inventario do Arquivo do Concello de Pontevedra

2.4. Forma de ingreso Depósito


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido As series máis destacables son: as actas municipais, nos chamados Libros de Consistorio, que conteñen os acordos tomados polo concello da vila de Pontevedra; nomeamento e títulos de alcaldes, rexedores e xuíces e outros cargos; cobrados; contas de propios e arbitrios; preitos civís e criminais; abastos; veciñanzas; feiras; mercados.
3.2. Valoración, selección e eliminación Conservación permanente por tratarse de documentación histórica
3.3. Novos ingresos
3.4. Organización

I-A) RÉXIME XERAL
1-Señorío arcebispal
2-Privilexios da vila
3-Veciñanza
4-Capitalidade
5-Fomento da vila
6-Arquivo municipal

II-B) VIDA MUNICIPAL
1-O concello e a súa constitución
2-A facenda municipal
3-A administración municipal
4-Gremios e confrarías
5-Vida relixiosa
6-Vida marítima. Pesca
7-A nobreza

III-C) A VIDA MUNICIPAL EN RELACIÓN CO ESTADO E A CABEZA DE PROVINCIA
1-Devesas reais
2-Política
3-Estado
4-Guerra
5-Ordes
6-Solemnidades
7-Impresos varios

IV-D) A XUSTIZA
1-Xurisdición
2-Xuíces
3-Preitos civís
4-Preitos criminais
5-Causas de oficio
6-Cuestións varias (Protocolos e escrituras soltas)

V- ÍNDICES



4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Libre, limitándose o acceso naqueles documentos nos que o seu estado de conservación así o aconselle
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Consérvase un Cantoral do século XVI en pergameo
4.5. Instrumentos de descrición Catálogo e índices onomástico, xeográfico e de materias


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas Fondo do Arquivo Municipal de Pontevedra
5.4. Nota de publicacións

- Monografías
DOCUMENTOS inéditos para la historia de Pontevedra. Pontevedra: La Opinión: Sociedad Arqueológica,1986
FERNÁNDEZ-VILLAMIL Y ALEGRE, Enrique: Pontevedra: historia sucinta del nacimiento de una capitalidad. Pontevedra: Imprenta Paredes,1946
FERREIRA PRIEGUE, Elisa: Galicia en el comercio marítimo medieval. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa, 1988
FILGUEIRA VALVERDE, Xosé: Archivo de mareantes. Madrid: Instituto Social de la Marina,1946
FORTES BOUZÁN, Xosé: Historia de la ciudad de Pontevedra. A Coruña: La Voz de Galicia, S.A.,1993
GARCÍA-BRAÑA,Celestino; JUEGA PUIG, Juan;PEÑA SANTOS, Antonio de la: Pontevedra: planteamiento histórico y urbanismo. Pontevedra: Deputación Provincial de Pontevedra,1988
GARCÍA-LOMBARDERO, Jaime: La agricultura y el estancamiento económico de Galicia en la España del Antiguo Régimen. Madrid: Siglo XXI de España,1973
GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Xoán Miguel: Bouzas y otros juzgados gallegos del siglo XVIII: la conflictividad judicial ordinaria en la Galicia Atlántica (1670-1820). Vigo: Instituto de Estudios Vigueses, 1991
PEÑA SANTOS, Antonio de la; JUEGA PUIG, Juan; LOPEZ DE GUEREÑU POLÁN,Luis: Historia de Pontevedra. Oleiros (A Coruña): Vía Láctea,1996
PEREIRA FERNÁNDEZ, Xosé Manuel: A Pontevedra de Felipe II. Valga: Concello de Valga,2000
PÉREZ FARIÑA, Mª Luisa: La ciudad de Pontevedra: evolución histórica y demográfica. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela 1985
SANTOS CASTROVIEJO,Santiago: Historia da pesca e da salgazón. Vigo: Instituto de Estudios
SOTELO RESURRECIÓN, Enrique: Pontevedra: 1840-1915. Pontevedra: Deputación Provincial de Pontevedra 1997

- Artigos en publicacións periódicas
FORTES, Xosé; ROSALES, Pili; VILLAR, Vicente: “Pontevedra hace un siglo.I”. En: Pontevedra: revista de estudios provinciales, nº 5 (1989), pp. 11-32
GONZÁLEZ FERNANDEZ, Xoan Miguel: “Los caracteres socioprofesionales de los Alcaldes Ordinarios de Pontevedra en el Antiguo Régimen”. En: Pontevedra: revista de estudios provinciales, nº 8-9 (1992), pp. 71-81
PEREIRA FERNÁNDEZ, Xosé Manuel: “De Cofradía do Corpo Santo a Gremio de Mareantes” En: El Museo de Pontevedra. Pontevedra: Museo de Pontevedra. Vol. LVI (2002). Pp. 157-168



6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004-febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 22/06/2005 13:36
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/