[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 22 DE OUTUBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Delegación Provincial da Consellería de Traballo, Seguridade Social e Emigración



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Expediente de axudas institucionais (1987) e solicitude
para ingreso en garderías infantís (1986)
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título Delegación Provincial da Consellería de Traballo, Seguridade Social e Emigración
1.3. Datas 1983-1989
1.4. Nivel de descrición Fondo
1.5. Volume e soporte 6 metros lineais de documentación en soporte papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor -Delegación Provincial da Consellería de Traballo, Seguridade Social e Emigración.
-Delegación Provincial da Consellería de Cultura e Benestar Social.
-Delegación Provincial da Consellería de Traballo e Benestar Social
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

Transferidas as competencias en materia de traballo á Comunidade Autónoma de Galicia, régrase a estrutura orgánica da Consellería de Traballo, Seguridade Social e Emigración polo Decreto 32/1982, do 17 de febreiro, da Xunta de Galicia, desenvolvéndose polo Decreto 122/1982, do 5 de outubro.

Polo Real decreto 2411/1982, do 24 de xullo, transfírense funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de servizos e asistencia sociais, competencias que en virtude do Decreto 118/1982, do 5 de outubro, son asumidas pola Xunta de Galicia e se asignan á Consellería de Traballo, Seguridade Social e Emigración, correspondendo, dentro dese Departamento, á Dirección Xeral de Seguridade Social, que, polo Decreto 15/1983, do 3 de febreiro, pasa a denominarse Dirección Xeral de Seguridade Social e Servicios Sociais. En 1986 estas competencias en materia de servizos e asistencia sociais pasan á Consellería de Cultura e Benestar Social polo Decreto 204/1986, do 25 de xuño, no que se establece a súa estrutura orgánica, volvendo en 1987 á nova Consellería de Traballo e Benestar Social, cuxa estrutura orgánica e competencias se establecen no Decreto 367/1987, do 22 de outubro.

2.3. Historia arquivística Esta documentación remitiuna a Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en xullo de 2004.
2.4. Forma de ingreso Transferencia


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Debido ó traspaso de competencias da Administración do Estado á Xunta ímonos atopar con series que xa aparecían no Instituto Nacional de Asistencia Social (INAS) como expedientes de axudas individualizadas non periódicas ou documentación relativa a garderías como solicitudes de ingreso, expedientes baremados, obras de construción e inventarios, entre outras.
3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos Prevense novas transferencias en función da dispoñibilidade de espazo do Arquivo Histórico.
3.4. Organización En proceso de organización e descrición


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Acceso libre agás as restricións contempladas no art. 57.1 c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo á normativa de acceso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Galego, manuscrito e mecanografado
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
4.5. Instrumentos de descrición Relación de entrega


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas Delegación Provincial de Auxilio Social/INAS
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004 - febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 20/06/2005 14:06
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/