[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Xefatura Provincial de Estradas



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Plano do proxecto de ampliación da ponte do Burgo, ano 1958
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título Xefatura Provincial de Estradas
1.3. Datas 1857-1984
1.4. Nivel de descrición Fondo
1.5. Volume e soporte 886 atados


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Xefatura Provincial de Obras públicas
Xefatura Provincial de Estradas
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
O Decreto do 28 de xaneiro de 1847 crea o “Ministerio de Comercio, Instrución y Obras públicas”, cambiando a súa denominación pola de Ministerio de Fomento polo R.d. do 25 de outubro de 1851. O R.d. do 2 de setembro de 1857 creou en cada provincia unha sección de Fomento, “a las inmediatas órdenes del gobernador”, encargada de auxiliar ó gobernador no despacho dos asuntos dependentes de Fomento; desde o punto de vista técnico, existían en cada provincia os enxeñeiros xefes de Obras Públicas. Polo Decreto do 14 de agosto de 1893 suprímense as seccións de Fomento, manténdose as xefaturas provinciais, entre elas a de Obras Públicas. A nivel central, en 1931 desaparece o Ministerio de Fomento e créase o Ministerio de Obras Públicas, manténdose as xefaturas a nivel provincial. O D. 1480/1966, do 2 de xuño, crea as delegacións provinciais do Ministerio de Obras Públicas, atribuíndolle o carácter de delegado provincial a un dos xefes provinciais xa existentes (Estradas, Transportes, Augas ou Costas); por este mesmo decreto, as xefaturas provinciais de Obras Públicas pasan a denominarse de “Carreteras”. Polo R.d. 2766/1979, do 16 de novembro, as “Jefaturas de Carreteras” constitúen unha división das delegacións provinciais de Obras Públicas. A consecuencia das reformas administrativas producidas polas transferencias de competencias ás comunidades autónomas, suprímense as delegacións, ou direccións provinciais (R.d. 2680/1985), mentres que para a realización das funcións correspondentes ó Estado en materia de obras públicas se crean, a nivel rexional (O. do 7 de febreiro de 1986) as “Demarcaciones de Costas”e as de “Carreteras”, tendo as de Galicia a súa sede na Coruña, aínda que se manteñen as “Unidades de Carreteras” a nivel provincial.
2.3. Historia arquivística A documentación ingresou no A.H.P. en dúas remesas, a primeira en xullo de 1981 e a segunda en outubro de 2003.
2.4. Forma de ingreso Transferencia


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido A documentación transferida ó A.H.P. é fundamentalmente de carácter técnico: proxectos de conservación, ampliación ou construción de estradas, así como informes técnicos e outros tipos de obras relacionadas. A transferencia de 1981 incluía documentación relativa a todo tipo de estradas da provincia, desde camiños veciñais ata estradas nacionais; non obstante, na de 2003, posterior á transferencia de competencias á Comunidade Autónoma, soamente se remitiu documentación sobre estradas de titularidade estatal, xa que a documentación sobre estradas transferidas pasou á Comunidade Autónoma.
3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos Prevense novas transferencias, en función das dispoñibilidades de espazo do Arquivo Histórico
3.4. Organización Os proxectos de estradas están organizados polo tipo ou número da estrada, e dentro desta ordenados polo punto/s quilométrico/s a que se refire. A segunda transferencia está pendente de organización e descrición.


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Acceso libre, agás as restricións contempladas no artigo 57.1c), da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán, manuscrito e mecanografado
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
O estado de conservación é bastante bo, aínda que algúns planos poden presentar problemas debido ás marcas das dobreces.
4.5. Instrumentos de descrición Inventario.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas O Servizo Provincial de Estradas da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras públicas e Vivenda conserva a documentación relativa ás estradas transferidas á Comunidade Autónoma.
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber.
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004 – febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 22/06/2005 09:58
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/