[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Delegación Provincial da Sección Feminina



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Cuestionario informe de cátedra ambulantes. 1971
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título Delegación Provincial da Sección Feminina
1.3. Datas 1936-1978
1.4. Nivel de descrición Fondo
1.5. Volume e soporte 86 caixas e 50 libros en soporte papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Delegación Provincial da Sección Feminina
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

En 1934 nace a Sección Femenina da Falange cunha función asistencial, pero a partir do Decreto de unificación do 19 de abril de 1937, coa creación de Falange Española Tradicionalista y de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista, verá aumentadas as súas competencias establecéndose a Delegación Nacional da Sección Feminina para a mobilización e formación da muller, ademais da de Auxilio Social e Fronte e Hospitais. Segundo o Decreto do 31 de xullo de 1939 o delegado nacional establecerá as delegacións provinciais e locais. Os delegados provinciais actuarán baixo a disciplina política dos xefes provinciais, pero, na súa función específica, baixo a autoridade e orientación directa do delegado nacional.

O Decreto do 28 de decembro de 1939 establece formalmente as súas funcións e adscribe o Servizo Social da Muller, creado polo Decreto 378 do 7 de outubro de 1937, á súa Delegación Nacional.A súa estrutura verase modificada co Decreto 3749/1964, do 29 de novembro, pero será co Decreto 2485/1970, do 21 de agosto, de promulgación das normas de organización e desenvolvemento dos órganos da Secretaría Xeral do Movemento, cando se substitúan as antigas rexedurías por departamentos. Así, a Delegación Nacional da Sección Feminina quedará estruturada en 9 departamentos: Secretaría, Coordinación, Promoción, Participación, Formación e Participación da Xuventude, Departamento económico-administrativo, Gabinete técnico, Oficina de Relacións Exteriores e Servizo Social, cos seus equivalentes en cada provincia. Esta estrutura mantívose ata a súa supresión mediante o Real decreto-lei 23/1977, do 1 de abril, de reestruturación dos órganos dependentes do Consello Nacional e novo réxime xurídico de asociacións, funcionarios e patrimonio do Movemento. Polo tanto, como organismo da Secretaría Xeral do Movemento con funcións de carácter social é transferida á administración pública. Así, no Real decreto 596/1977, do 1 de abril, polo que se desenvolve o Real decreto-lei 23/1977 e se crea a Subsecretaría de Familia, Xuventude e Deporte, estas funcións son asumidas pola Dirección Xeral de Promoción Familiar e da Muller desta nova subsecretaría da Presidencia do Goberno. Finalmente, esta subsecretaría coas súas direccións xerais integrarase no Ministerio de Cultura e Benestar polo Real decreto 1558/1977, do 4 de xullo, de reestruturación de determinados órganos da Administración do Estado.

2.3. Historia arquivística

O 9 de xuño de 1978 ingresan neste Arquivo 63 paquetes con documentación de 1936 a 1977 procedente do Arquivo da Delegación Provincial da Sección Feminina de Pontevedra en Vigo. O resto da documentación transfírese en 1988 procedente do soto da Delegación de Cultura de Pontevedra mesturada coa documentación das delegacións comarcais da Organización Sindical e a da Delegación Provincial da Fronte de Xuventudes.

Por último, en outubro de 2003, o Arquivo Central do edificio administrativo da Xunta en Vigo remite 6 AZ procedentes do Servizo de Deporte da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

2.4. Forma de ingreso Transferencia


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

Este fondo contén tanto as series das antigas Rexidurías coma as dos departamentos creados polo Decreto 2485/1970 no que estes asumen as funcións daquelas. Así, as funcións da Rexeduría de Persoal e as da Rexeduría de Administración pasan a ser exercidas polo Departamento Económico-Administrativo. As funcións da Rexeduría de Prensa e Propaganda son asumidas polo Gabinete técnico. A Rexeduría de Cultura e Educación Física e o Servizo Social pasan a ser asumidos polo Departamento de Participación. A Rexeduría da Irmandade da Cidade e o Campo e a Rexeduría de Divulgación e Asistencia Sanitario-Social son asumidas polo Departamento de Promoción. As funcións do Servizo Exterior asúmeas a Oficina de Relacións Exteriores e a Rexeduría de Xuventudes pasará ó Departamento de Formación e Participación da Xuventude.

Boa parte do fondo documental está integrado polas fichas persoais da prestación do Servizo Social, ademais de instrucións, circulares, memorias e informes de cursos de cátedras ambulantes, informes e resumos estatísticos, partes, etc.

3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos Fondo pechado por tratarse dunha institución suprimida
3.4. Organización Clasificación orgánico-funcional e ordenación cronolóxica das series


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Acceso libre agás as restricións contempladas no art. 57.1 c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán, manuscrito e mecanografado
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
4.5. Instrumentos de descrición Inventario


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas Xefatura Provincial do Movemento
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004 – febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 22/06/2005 09:56
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/