[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 22 DE AGOSTO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Delegación Provincial de Auxilio Social / INAS



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Plano do 1º andar do Colexio de San Antonio en Tui, do proxecto
de reforma para escola-fogar de Auxilio Social. 1943.
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título Delegación Provincial de Auxilio Social
1.3. Datas 1937-1984
1.4. Nivel de descrición Fondo
1.5. Volume e soporte 423 caixas e 45 libros en soporte papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor -Delegación Provincial de Auxilio Social
-Instituto Nacional de Auxilio Social
-Instituto Nacional de Asistencia Social (INAS)
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

As orixes desta organización atópanse no Auxilio de Inverno, fundado en outubro de 1936 pola que sería a súa delegada nacional, Mercedes Sanz.

Co Decreto de Unificación do 19 de abril de 1937, polo que se crea FET y de las JONS, establécese a Delegación Nacional de Auxilio Social, para ocuparse das funcións benéficas, ademais da Delegación da Sección Feminina e a de Fronte e Hospitais.

Mediante o Decreto do 17 de maio de 1940 polo que se dictan novas normas a Auxilio Social, defínese como unha entidade oficial, integrada na FET y de las JONS, encargada de cumprir, baixo o protectorado do Estado, as funcións benéficas e sociais a favor dos indixentes, orfos, pobres e infancia necesitada en xeral, creándose a tal fin establecementos de asistencia e formación.

Correspóndelle ó Ministerio da Gobernación exercer o protectorado sobre Auxilio Social. As facultades de orde resolutoria radican no ministro e as consistentes na tramitación dos asuntos, propostas de acordos e execución das resolucións dictadas, na Dirección Xeral de Beneficencia e Obras Sociais.

Na orde do seu funcionamento interno reviste a modalidade dunha Delegación Nacional de Servicios da FET y de las JONS, que, segundo o Decreto do 28 de novembro de 1941, está baixo o mando do vicesecretario de Obras Sociais, igual cá de Excombatentes, Excautivos e Sindicatos.

No Decreto 1348/1962, do 14 de xuño, polo que se dá cumprimento ó disposto na disposición transitoria sexta da Lei de réxime xurídico das entidades estatais autónomas, do 26 de decembro de 1958, e se aproba a clasificación de ditas entidades, clasifícase como unha entidade estatal autónoma, encadrada no Ministerio da Gobernación, de grupo B.

Pola orde do 9 de xaneiro de 1970 todos os servizos da antiga Delegación Nacional de Auxilio Social se integran provisionalmente no Servizo Nacional de Auxilio Social, que polo Decreto 2162/1973, do 17 de agosto, pasou a denominarse Instituto Nacional de Auxilio Social. No Decreto 986/1974, do 5 de abril, polo que se reorganiza o Ministerio da Gobernación, cámbiase o nome deste organismo autónomo polo de Instituto Nacional de Asistecia Social (INAS). En 1977 transfírense as súas competencias ó Ministerio de Traballo, segundo o Real decreto 736/1977, do 15 de abril. E, pouco despois, o INAS queda adscrito ó Ministerio de Sanidade e Seguridade Social polo Real decreto 1918/1977, do 29 de xullo. Dito Ministerio suprímese polo Real decreto 325/1981, do 6 de marzo, asumindo as súas funcións o novo Ministerio de Traballo, Sanidade e Seguridade Social.

O Real decreto 2346/1981, do 2 de outubro, sobre estrutura e funcións do INAS, defíneo como un organismo autónomo de carácter administrativo, adscrito ó Ministerio de Traballo, Sanidade e Seguridade Social, a través da Dirección Xeral de Acción Social, para a xestión de servizos de asistencia do Estado.

Polo Real decreto 2823/1981, do 27 de novembro, este ministerio pasa a denominarse Ministerio de Traballo e Seguridade Social. Así, o INAS queda integrado na súa Subsecretaría da Seguridade Social a través da Dirección Xeral de Acción Social, segundo queda establecido no Real decreto 275/1982, do 12 de febreiro.

Polo Real decreto 2411/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de servizos e asistencia sociais, os servizos correspondentes do INAS e das súas delegacións provinciais son transferidos á Xunta de Galicia.

2.3. Historia arquivística O 5 de marzo de 1984 efectúase a primeira transferencia procedente de Asistencia Social, sendo a meirande parte da documentación de Auxilio Social. En 1987 ten lugar a segunda tranferencia con documentación, fundamentalmente, do Instituto Nacional de Asistencia Social. Por último, en xullo de 2004, a Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais remite documentación ó Arquivo entre a que se atopa algunha deste fondo.
2.4. Forma de ingreso Transferencia


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Ademais da documentación de departamentos como Transportes, Enxoval, Construción, destaca a documentación de carácter económico do Departamento de Administración Provincial como: proxectos de orzamentos mensuais das delegacións locais, estados-resumo dos ingresos e gastos, actas-resumo das operacións rexistradas nas delegacións locais, libramentos e ordes de pago, mandamentos de pago, expedientes de ordenación de pagos, xustificantes de caixa, etc. Do Departamento de Persoal consérvanse series moi completas coma a de nóminas (1943-1982), ademais de fichas de persoal das delegacións locais e da provincial, nomeamentos e relacións de persoal funcionario e laboral, entre outras. No Departamento da Obra de Protección á Nai e ó Neno hai series como: fichas persoais de altas e baixas en xardíns maternais, partes de acollidos, de persoal e de inspección de xardíns maternais, fogares ou centros de alimentación infantil, así como expedientes de ingreso en centros de acollida. Do Instituto Nacional de Asistencia Social destacan series moi homoxéneas coma os expedientes de petición de axuda ó Fondo Nacional de Asistencia Social por enfermidade ou por ancianidade e os expedientes de axudas individualizadas non periódicas.
3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos Fondo pechado por ser transferidas as súas competencias á Xunta de Galicia.
3.4. Organización En proceso de organización e descrición


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Acceso libre agás as restricións contempladas no art. 57.1 c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimomio histórico español
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán, manuscrito e mecanografado
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
4.5. Instrumentos de descrición Inventario


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas -Xefatura Provincial do Movemento
-Delegación Provincial da Consellería de Traballo, Seguridade Social e Emigración
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004 – febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 10/06/2005 09:06
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/