[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 17 DE DECEMBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Xunta de Protección á Muller



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Expediente de vixilancia tutelar.
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título Xunta Provincial de Protección á Muller
1.3. Datas 1944-1986
1.4. Nivel de descrición Fondo
1.5. Volume e soporte 8 caixas e 10 libros en soporte papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Xunta Provincial de Protección á Muller
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

O Padroado Real para a represión da trata de brancas, chamado posteriormente Padroado de Protección á Muller, créase en 1902, organizándose despois polo Decreto do 6 de novembro de 1941, mediante xuntas locais e provinciais e dependendo do Ministerio de Xustiza. A súa finalidade era a de dignificar moralmente a muller, impedir a súa explotación, apartándoas do vicio e educalas seguindo as ensinanzas da relixión católica.

A Xunta Provincial de Pontevedra constitúese o 19 de febreiro de 1943, sendo o seu presidente o gobernador civil e os seus membros designados polo Ministerio de Xustiza.

Co traspaso de transferencias destas competencias á Xunta, en xeral, as súas funcións de protección e defensa do menor son asumidas nos anos oitenta pola Consellería de Traballo e Servizos Sociais, estando actualmente exercidas a defensa, a protección e o desenvolvemento da muller pola Consellería de Familia, Xuventude Deporte e Voluntariado.

2.3. Historia arquivística A documentación sobre este fondo transfiriuse a este Arquivo desde a Delegación Provincial da Consellería de Traballo e Servizos Sociais, con sede en Vigo, no ano 1993 pero, por mor das obras de remodelación do edificio do arquivo, a súa intervención arquivística pospúxose ata 1994. A documentación chegou en bo estado xunto coa da Xunta Provincial de Protección de Menores, posto que as súas competencias foron transferidas de vez á Xunta de Galicia e asumidas pola Consellería de Traballo e Servizos Sociais.
2.4. Forma de ingreso Transferencia


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

De volume documental escaso, a maior parte das súas series preséntanse de forma fragmentaria. Contén documentación económica, de correspondencia, información sobre os centros dependentes e, principalmente, expedientes persoais e de vixilancia tutelar. Algúns documentos, tras a súa transferencia á Xunta de Galicia recóllense baixo o epígrafe “Sección de Protección do Menor e da Muller”, polo que tamén existe información relativa á Xunta Provincial de Protección do Menor”

As caixas teñen unha ordenación provisional numérica.

3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos
3.4. Organización

Xunta Provincial de Protección á Muller

Secretaría – Tesourería. 1972- 1986
* Libros
Entrada de correspondencia.
Saída de correspondencia.
Contas correntes.
Inventario de bens mobles e demais material inventariable.
*Caixas
Expedientes de vixilancia tutelar.
Expedientes persoais.
Correspondencia.
Convocatorias da Xunta Semanal ordinaria da Comisión Permanente e acta sesión ordinaria.
Inventario de mobiliario e material inventariable e acta de entrega e recepción á Xunta.
Contas trimestrais.

Delegación da Cª Presidencia.
Sección de Menores e Mulleres.
Xunta Local de Vigo. 1973-1986
*Libros
Rexistro de entrada de correspondencia.
Rexistro de saída de correspondencia.
Rexistro de ingresos e gastos.
Actas de sesións.
Inventario de mobiliario e material inventariable da residencia familiar “El Seijo”.
*Caixas
Correspondencia
Nóminas de persoal.
Expedientes de vixilancia tutelar.

Delegación da Consellería de Presidencia. Sección de Protección de Menores e Muller. 1965- 1986
*Caixas
Correspondencia.
Comunicacións de altas e baixas en “El Seijo”.
Expedientes de vixilancia tutelar.

Delegación da Consellería de Presidencia. Sección de Protección da Muller. 1985
*Caixas
Proxecto de instalación de calefacción e auga quente no “Fogar San Pelayo”.



4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Acceso libre, agás as restricións contempladas no art. 51.1 c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
4.5. Instrumentos de descrición Inventario


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber.
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004 – febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 09/06/2005 09:55
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/