[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 22 DE OUTUBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Delegación do Ministerio de Facenda de Vigo



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Afanegado de Zamáns. 1879
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título Delegación do Ministerio de Facenda de Vigo
1.3. Datas 1837-1985
1.4. Nivel de descrición Fondo
1.5. Volume e soporte 1.093 caixas, 1.221 libros e 50 metros lineais de documentación en soporte papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor - Subdelegación de Facenda de Vigo
- Delegación de Facenda de Vigo
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

Pola Lei do 25 de xuño de 1926 créase a Subdelegación de Facenda de Vigo, xunto coas de Alcoi, Xixón, Haro, Linares e Reus. Estas subdelegacións dependen do delegado de facenda das respectivas provincias e das direccións xerais do ramo a que corresponden os servizos que se lles encomendan. Os servizos das subdelegacións desempeñan funcións similares ás das delegacións de facenda aínda que a súa competencia e xurisdición se cingue ó territorio do partido xudicial que, neste caso, abarca os Concellos de Vigo, Baiona, Nigrán e Gondomar. Segundo a Real orde do 24 de novembro de 1926, pola que se aproban as instrucións para o seu funcionamento, divídense nas seguintes seccións: Administración, Tesourería e Contabilidade, Inspección de Tributos, Avogacía do Estado e Intervención.

Esta Subdelegación convértese en Delegación de Facenda polo Decreto 1778/1965 do 3 de xullo, que reorganiza a administración territorial de facenda, exercendo as súas funcións na demarcación territorial que tiña asignada e coa mesma organización, competencia e funcións cá Delegación de Pontevedra.

Tras estes cambios a súa estrutura orgánica verase de novo modificada polo Decreto 407/1971, do 11 de marzo, e polo Real decreto 489/1979, do 20 de febreiro, desenvolto na Orde do 23 de maio de 1980. Por esta Orde a Delegación de Facenda de Vigo clasifícase como de segunda categoría, igual cá de Pontevedra, e está constituida polas seguintes dependencias: Relacións cos Contribuíntes, Inspección de Facenda, Avogacía do Estado, Intervención de Facenda e Tesourería.

Un gran cambio prodúcese mediante a Lei 31/1983, do 28 de decembro, de cesión de tributos á Comunidade Autónoma de Galicia, pola que esta asume, por delegación do Estado, a xestión, liquidación, recadación, inspección e revisión, no seu caso, dos tributos cedidos, sen prexuízo da colaboración que poida establecerse entre ambas administracións de acordo coa Lei 30/1983, do 28 de decembro, de cesión de tributos do Estado ás comunidades autónomas.

Finalmente, os últimos cambios dignos de mención son, por un lado, a creación do Centro de Xestión Catastral e Cooperación Tributaria e as xerencias territoriais como órganos territoriais periféricos executivos segundo o Real decreto 1279/1985, do 24 de xullo, determinando a súa composición e funcionamento a Orde de 28 de xullo de 1986. E, por outro, a creación da Axencia Estatal de Administración Tributaria pola Lei 31/1990 de orzamentos para 1991.

Polo Real decreto do 30 de decembro de 1990 cambian as delegacións a súa denominación pola de Delegación de Economía e Facenda.

2.3. Historia arquivística

A documentación da Delegación de Facenda con máis de 25 anos de antigüidade, conservada no seu arquivo, transferiuse a este Arquivo Histórico Provincial o 27 e 28 de febreiro de 1979 conformando o groso do fondo documental.

A segunda transferencia prodúcese o último trimestre do ano 2000, pero esta vez a documentación cinguíase, fundamentalmente, a expedientes de implantación de urbana e padróns de rústica e urbana. O órgano remitente era, neste caso, a Xerencia Territorial do Catastro de Vigo da Delegación Provincial de Economía e Facenda. Esa documentación estaba depositada no arquivo central da Axencia Estatal da Administración Tributaria.

A terceira e, polo momento, última remesa de documentación enviouna a Delegación da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia en Vigo no ano 2002. Tratábase de documentación relativa ó imposto de dereitos reais e de transmisión de bens/ sucesións e transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

2.4. Forma de ingreso Transferencia


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

No momento de crearse as subdelegacións remítenselles a estas todos os antecedentes relativos ós municipios que as integran. Isto explica a existencia de documentación do S. XIX, é dicir, anterior á súa existencia.

Ó ser unha documentación producida nun amplo espazo de tempo, permítenos observar os cambios que se van producindo na facenda e no sistema fiscal contemporáneo.

Destacan da Avogacía do Estado as series relacionadas co imposto de dereitos reais: expedientes de comprobación de valores, rexistros de presentación de documentos, etc. Da Administración, todo o relacionado cos tributos (contribución industrial, territorial, sobre a renda, de usos e consumos, utilidades...): padróns, altas e baixas, etc. De Inspección temos, sobre todo, expedientes de inspección. De Intervención consérvanse, entre outros, libros auxiliares de actas de arqueo, de caixa reservada, de contas corrientes, rexistros de entrada e saída de caudais e de depósitos, rexistros de mandamentos de pago e ingreso, rexistros de liquidacións, nóminas, contas, etc. Da Secretaría, fundamentalmente, correspondencia e rexistros de correspondencia, e de Tesourería consérvanse rexistros de certificacións de apremio, rexistros de títulos de clases pasivas, rexistros de expedientes falidos, libros auxiliares de contas correntes, libros auxiliares de caixa, contas de lotería, expedientes de apremio, etc.

3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos Prevense novas transferencias en función da dispoñibilidade de espazo do Arquivo Histórico.
3.4. Organización Clasificación orgánico-funcional e ordenación cronolóxica das series


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Acceso libre agás as restricións contempladas no art. 57.1 c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán, manuscrito e mecanografado
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
4.5. Instrumentos de descrición Inventario e relacións de entrega


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias Da contribución rústica, urbana e industrial existen copias nos concellos.
5.3. Unidades de descrición relacionadas Delegación de Facenda de Pontevedra
5.4. Nota de publicacións

- Monografías:
GIRANDEZ LOMBA, Antonio: Sobrevivir a los años del hambre en Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses, 2002
GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Xoán Miguel: La anexión del Ayuntamiento de Bouzas a Vigo (1900-1904). Vigo: Instituto de Estudios Vigueses, 2003
GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Xoán Miguel : Teis: Memoria histórica dunha parroquia do litoral (Vigo/Lavadores) : Das orixes á postguerra. Teis (Vigo):Asociación Veciñal de Teis, 2003
SOUTO GONZÁLEZ, Xosé M.: Vigo: Cen anos de historia urbana (1880-1980). Vigo: Xerais, 1990

- Capítulos en monografías:
GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Xoán Miguel: “O Sindicato de Agricultores de Teis na loita política no Concello de Lavadores (1904-1936)” En: O Sindicato de Agricultores de Teis. Teis (Vigo): Asociación Veciñal de Teis, 2000

- Artículos en publicacións periódicas:
COLECTIVO DE HISTORIA XERMINAL: “Loitas obreiras no Vigo dos anos trinta: o conflicto pesqueiro de 1932”. Pontevedra : Revista de Estudios Provinciales, nº 4 (1988), pp. 109-132
FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, Manuel: “Aproximación a la prostitución y su reglamento en Vigo durante el primer tercio del siglo XX”. En: Boletín del Instituto de Estudios Vigueses: Glaucopis. Año IV, nº 4 (1998), pp 69-86
GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Xoán Miguel: “La estructura socioprofesional de la ciudad de Vigo en 1930”. En: Boletín del Instituto de Estudios Vigueses: Glaucopis. Año III, nº 3 (1997), pp 81-108
GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Xoán Miguel: “Política e goberno municipal no Concello de Lavadores”. En: Boletín del Instituto de Estudios Vigueses: Glaucopis. Año V, nº 5 (1999), pp. 53-83
PANTOJA VILLAR, Juan Carlos: “El trabajo femenino en Vigo. 1910”. ”. En: Boletín del Instituto de Estudios Vigueses: Glaucopis. Año VII, nº 7 (2001), pp. 173-188



6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004 – febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 03/06/2005 14:19
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/