[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Goberno Civil de Pontevedra



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Real Orde de 17 de abril de 1836 sobre entrada
de facciosos na Estrada
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título Goberno Civil
1.3. Datas C. 1833-1990; F. 1695-1990
1.4. Nivel de descrición Fondo
1.5. Volume e soporte 860 caixas e 169 libros en soporte papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Goberno Civil da Provincia de Pontevedra
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

A institución de gobernador civil, unidade político administrativa provincial da organización territorial da Administración do Estado, xorde coa Constitución de 1812 a través da figura do xefe superior, que dirixirá o goberno das distintas provincias.

Polo Real decreto do 30 de novembro de 1833 establécese a actual organización provincial e dáselle a autorización administrativa a un delegado de fomento que en 1834 pasou a denominarse gobernador civil como máxima autoridade e representación do goberno na provincia.

Pola Lei de réxime foral de 1955 regulaméntanse as súas funcións e fortalécense en 1958 co Estatuto persoal dos gobernadores civís.Co regulamento de 1961 organízanse como unidades político-administrativas provinciais, dependentes do Ministerio da Gobernación.

Ó longo dos séculos XIX e XX é a máxima autoridade político-administrativa, representante do goberno, coordinador da administración provincial, xefe dos servizos públicos provinciais, de orde pública e de policía.

Desde 1977 depederán organicamente do Ministerio do Interior e, co desenvolvemento das autonomías, perderán competencias (regulamento de 1980) e convertiranse en delegados de goberno provinciais. En 1996 pasan a ser subdelegados de Goberno.

2.3. Historia arquivística

En 1955 trasládase o denominado “fondo antigo” desde os locais da Deputación Provincial de Pontevedra sen inventariar nin catalogar. Por circunstancias descoñecidas desaparece parte da documentación, quedando este fondo moi mermado.

En 1986 entrou parte da documentación da Comisaría de Pontevedra, procedente do Goberno Civil.

En 1990 transfírese a documentación sobre a Comisaría de Policía de Vigo, procedente da Brigada de Documentación da mencionada comisaría viguesa.

En 1999 entra a documentacición referida á Xunta Provincial de Beneficencia e á Comisaría de Policía de Pontevedra, procedentes dos locais da Subdelegación de Goberno.

2.4. Forma de ingreso Transferencia en distintos anos:
1955.- Fondo antigo
1986.- Comisaría de Pontevedra
1990.- Comisaría de Vigo
1999.- Xunta Provincial de Beneficencia e resto da Comisaría de Policía de Pontevedra


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido - Fondo antigo (1833-1903)
Documentación netamente administrativa, eminentemente local de grande interese centrada no século XIX: revolucións liberais, guerras carlistas, papel do exército regular e milicias, guerra de Africa, desamortización,...
- Comisaria de Policía de Pontevedra (1917-1936)
Información sobre incautacións a diversas asociacións políticas, sindicais, profesionais, culturais e recreativas.
- Comisaría de Policía de Vigo (1936-1989)
Documentación relativa ó movemento migratorio de Galicia a América.
- Xunta Provincial de Beneficencia (1695-1990)
Documentos relativos a actas, diarios de contas, rexistro de entrada de expedientes, fundacións , legados,...
3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos Prevense novas transferencias segundo as dispoñibilidades de espazo do Arquivo.
3.4. Organización CADRO DE CLASIFICACION

GOBERNO CIVIL DE PONTEVEDRA
- Fondo antigo (1833 – 1909)
- Comisaría de Policía de Pontevedra (1917 – 1936)
- Comisaría de Policía de Vigo (1936-1989)
- Secretaría Xeral:
1. Sección de Coordinación e Relacións Públicas
1.6. Negociado de Beneficencia (1695-1990)



4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Acceso libre, agás as restricións contempladas no art. 51.1 c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán, manuscrito e mecanografado
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
4.5. Instrumentos de descrición Inventario


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas
5.4. Nota de publicacións

- Monografías
BARREIRO FERNÁNDEZ, José Ramón...[et. al.]: O movemento obreiro en Galicia: catro ensaios. Vigo: Xerais, 1990
BARREIRO FERNÁNDEZ, José Ramón: El carlismo gallego. Santiago de Compostela: Pico Sacro, 1976
GIRALDEZ LOMBA, Antonio: 1939: La guerra ha terminado. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses, 1999
GIRÁLDEZ RIVERO, Jesús: O antigo Concello de Lavadores: unha aproximación histórica. Pontevedra: Deputación Provincial de Pontevedra, 1987
GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Juan Miguel: Teis : memoria histórica dunha parroquia do litoral (Vigo / Lavadores) : das orixes á posguerra. Teis (Vigo) : Asociación Veciñal de Teis, 2003
MEIJIDE PARDO, Antonio: Gerónimo Piñeiro de las Casas : militar, científico y liberal gallego del XIX. A Coruña: Moret, 1975
VALÍN FERNÁNDEZ, Alberto: La masonería en Galicia en el siglo XIX. Sada (A Coruña): Ediciós do Castro, 1990
VILLA ÁLVAREZ, Joaquín Miguel...[et. al.]: El Recreo Artístico Guardés 1890-1939. A Guarda: Recreo Artístico Guardés, 1997
VILLA ÁLVAREZ, Joaquín Miguel: Sindicalismo no Baixo Miño (1930-1936): o predominio do agrarismo tomiñés. A Guarda: Concello de A Guarda, 2002
VILLA ÁLVAREZ, Joaquín Miguel: La Sociedad Pro-Monte de Santa Tecla(1ª parte: 1912-1928): la presidencia del indiano rpuertorriqueño Manuel Lomba Peña. A Guarda: Patronato Municipal do Monte Santa Tegra, 2004

- Capítulos en monografías
CENDÓN FERNÁNDEZ, Marta : “Patrimonio perdido y consevado de Oia a la luz del inventario de 1836”. En: II Congreso sobre el Cister en Galicia y Portugal: actas. Ourense: Deputación Provincial de Ourense, 1999. Vol. III, pp. 1227-1246

- Artígos en publicacións periódicas
COLECTIVO DE HISTORIA XERMINAL: “Loitas obreiras no Vigo dos anos trinta: o conflicto pesqueiro de 1932”. En: Pontevedra: Revista de Estudios Provinciales, nº 4 (1988), pp. 109-132
GARCÍA PIÑEIRO, Jacinto: “Constitución política de la monarquía española (19 de marzo de 1812); su publicación y jura en la provincia de Pontevedra... agosto de 1836”. En: Pontevedra: Revista de Estudios Provinciales, nº 10 (1993), pp. 155-168
GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Juan Miguel: “Gobierno municipal y pronunciamientos progresistas en Vigo bajo el reinado de Isabel II”. En: Pontevedra: Revista de Estudios Provinciales, nº 14 (1999), pp. 191-228
ORGE QUINTEIRO, José Antonio: “El lazareto marítimo de San Simón”. En: El Museo de Pontevedra. Pontevedra: Museo de Pontevedra. Vol. XLV (1991). Pp. 477-518
RODRÍGUEZ FRAIZ, Antonio: “Terra, homes e tempos: o apaixoado levantamento de Miguel Solís y Cuetos nos concellos das ribeiras do Lérez”. En: Pontevedra: Revista de Estudios Provinciales, nº 10 (1993), pp. 97-112



6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber.
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004 –febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 27/05/2005 13:05
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/