[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Instituto de Psicoloxía Aplicada e Psicotecnia



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Exame médico psicotécnico. 1973
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título Instituto de Psicoloxía Aplicada e Psicotécnia
1.3. Datas 1964-1982
1.4. Nivel de descrición Fondo
1.5. Volume e soporte 202 caixas e 7 libros


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Instituto de Psicoloxía Aplicada e Psicotécnia
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

Descoñécese o decreto de creación do Instituto de Psicoloxía Aplicada e Psicotécnia de Pontevedra pero, de acordo coa creación doutros centros e a data da documentación, sería entre 1961 e 1964.

Os primeiros centros creáronse polo Decreto do 21 de decembro de 1928. O Decreto do 22 de marzo de 1934 do Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes establece que a función do instituto será a orientación profesional e psicotécnia e a medida que as necesidades o demanden irase organizando en cada capital de provincia unha oficina-laboratorio de selección e de orientación profesional constituída por un psicotécnico director, un médico e un secretario estatístico.

O Decreto do 2 de setembro de 1955 conferiulle ó Instituto Nacional a denominación que actualmente ten, establecendo as funcións dos centros, que estarán relacionados cos centros de formación profesional industrial.

Será o Decreto do 21 de febreiro de 1963 do Ministerio de Educación Nacional o que formule o contido, especificando as funcións concretas destes centros, entre os que se atopa o estudo médico-fisiolóxico e psicolóxico dos que aspiren ó permiso de condución de vehículos automóbiles.

Esta última función é a que compón o fondo conservado neste arquivo.

A Orde do 20 de marzo de 1964 aproba o Regulamento dos institutos provinciais de Psicoloxía Aplicada e Psicotécnia.

A Orde ministerial do 5 de febreiro de 1969 establece que os certificados de aptitudes para obter o permiso de condución deberán estar expedidos por un médico con exercicio profesional na localidade onde reside habitualmente o solicitante ou pola Xefatura Provincial de Sanidade, cando se trata de obter licenza de condución ou permiso das clases A-1, A-2 o B. Ou polo instituto de Psicoloxía Aplicada e Psicotécnia da provincia na que o permiso se solicite, cando se trata dos das clases C, D e E.

O Real decreto 2689/1980 do Ministerio de Educación dispón o cambio de nome dos institutos provinciais de Psicoloxía Aplicada e Psicotecnia que en adiante pasarán a denominarse institutos de orientación educativa e profesional, e cuxa función será a realización das tarefas de orientación educativa e profesional. Na súa disposición transitoria establece un período de dous anos durante o que seguirán tendo ó seu cargo o estudo médico-fisiolóxico e psicolóxico dos que aspiren ó permiso de conducir, isto sen prexuízo de que se poidan autorizar a outros organismos e institucións públicas ou privadas para realizaren estas funcións.

2.3. Historia arquivística Ingresa o 4 de marzo de 1988 cunha transferencia realizada con urxencia, por ter que abandonar o local no que se atopa situado o instituto. Dada a urxencia do desaloxamento non se realizou ningún tipo de relación de entrega.
2.4. Forma de ingreso Transferencia


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

O fondo reúne soamente a documentación da actividade que o instituto tiña en relación cos exames psicotécnicos do carné de conducir.

Non ten unha continuidade cronolóxica, cunha lagoa que vai de 1964 a 1970.

3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos
3.4. Organización A documentanción deste fondo é pouca tanto polo número de unidades de instalación coma polo de series.
Componse das seguintes series:

Rexistro de entrada de correspondencia 1 libro (1964)
Rexistro de saída de correspondencia 3 libros (1964,1971-1972)
Exame médico psicotécnico 202 caixas (1970-1982) e 1 libro do ano 1963
Libro de recadación de taxas parafiscais 2 libros (1970-1972)



4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Libre, agás as restricións contempladas no art. 57.1c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
4.5. Instrumentos de descrición Inventario


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004-febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 27/05/2005 12:57
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/