2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
A Lei de 1845, que regulamenta a ensinanza secundaria e superior, leva ó concello de Pontevedra a solicitar, co apoio de numerosos cidadáns, un instituto para a cidade, o cal se concede pola Real orde do 30 de outubro de 1845, inaugurándose o 19 de novembro do mesmo ano. Instálase na planta baixa do antigo colexio de xesuítas. O 22 de setembro de 1867 comeza a funcionar un “colexio de internos” subvencionado pola Deputación, que perdura ata 1882.
En 1899 instálase nun novo edificio construído na avenida de Montero Ríos, actual Delegación Provincial da Consellería de Educación, para escola de Artes e Oficios, onde permanecerá ata o curso 1927-1928, cando se inaugura o actual instituto “Valle Inclán”.
No ano 1934 créase a Residencia de Estudantes dependente do Instituto.
Polo Decreto do 28 de outubro de 1933 (Gaceta de 30 de outubro) créase o colexio subvencionado de segunda ensinanza da Estrada, que comenzou a funcionar, como filial do Instituto de Pontevedra, ó ano seguinte, tendo como primeiro director a Antonio Lino Sánchez. Clausúrase en 1938 pola Orde do 14 de setembro de 1937. |