|
 |
|
 |
Páxina [1] 2 3 |
Antón Sobral
Sobral, Antón
Deputación de Pontevedra, 2010
ISBN: 978-84-8457-332-6
138 p.
Il. col.; 25,5 x 22 cm
P.V.P.: 28,00 €
Esta publicación é unha monografía completa sobre a pintura de Antón Sobral dos últimos quince anos da súa traxectoria artística.
A escolla de traballos abrangue: Dende Portosín (1990), Néboa (1993), Montañas (1996), Dúas ondas (2000), Mar tormenta II (2002), Serie Océano Sobral (2006), De Noia a Arou (2008)…
Percorrendo as imaxes do catálogo descubrimos a vida e obra do artista, os seus encontros con Hans Haacke, Robert Morris, Ana de Matos, Gerhard Mader, entre outros; a súa viaxe a Venecia, que lle inspiraría para unha das súas exposicións, e a súa paixón pola fotografía.
«Desde que ten memoria como pintor, e iso sucede desde a primeira adolescencia, Antón Sobral, que é dunha vila mariñeira por antonomasia, Marín, asociou o mar á arte e ambos os dous conceptos son indisolubles na maneira de concibir a súa ollada estética: xamais deixou de pintar o mar, nin de o fotografar, nin de o sentir.»
Este magnífico libro-catálogo contén textos de Rosa Aneiros, Rosa Bugallo, Fina Casalderrey, Yolanda Castaño, X. Antón Castro, María do Cebreiro, Pedro Fernández, Susana Fortes, Sara Jess, Seve Penelas, María Seage, Xaime Toxo e Ramón Rozas, específicos para esta edición. O deseño do libro é de Carmen Hermo e a cuberta un dos cadros do pintor.
 |
Volver á páxina anterior
|
|
 |
|