[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » Patrimonio Documental e Bibliográfico » Editorial » Catálogo » Índice de títulos
Páxina Principal
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Editorial
Información
Coleccións
Publicacións periódicas
Distribución e venda
Catálogo
Buscador de publicacións
Índice de títulos
Índice de autores
Coleccións
Libros dixitais

Páxina [1] 2 3
EDITORIAL  

Catálogo. Títulos

Plagas y enfermedades de los cultivos de brásicas
Varios autores


Deputación de Pontevedra, 2010
ISBN: 978-84-8457-342-5
109 p.
Il. col.; 24 x 17 cm
P.V.P.: 9,00 €




Esta publicación trata sobre as pragas e enfermidades que poden afectar ás brásicas; a súa bioloxía, os síntomas, os danos e as recomendacións máis axeitadas para atallalos. O xénero de Brassica pertence á familia das Crucíferas, integrada por 350 xéneros e unhas 3.500 especies. As brásicas aplícanse na alimentación humana e animal, na industria e na ornamentación. En Galicia o cultivo de brásicas ten unha grande importancia xa que estas hortalizas son a base da dieta tradicional. As tres especies que se cultivan na nosa Comunidade son: oleracea (berza, repolo), rapa (nabos, nabizas e grelos) e napus (nabicol). As brásicas teñen un baixo contido en auga; son unha boa fonte de minerais (potasio e calcio), teñen un elevado contido en vitaminas, un gran número de nutrientes e un alto contido en fibra. Os cultivos de brásicas son atacados por numerosas pragas (lepidópteros, dípteros, homópteros, heterópteros, coleópteros…) que provocan importantes pérdidas nas colleitas; os métodos de control poden ser: agronómico, biolóxico, químico, xenético e integrado. As enfermidades que poden afectar ás brásicas son bacterianas, fúnxicas, víricas ou causadas por nematodos. O libro vén sumarse á colección “Natureza galega”, editada polo Servizo de Publicacións desta Deputación, unha serie que engrosa un amplo número de títulos que teñen na natureza o eixe fundamental de estudo. Esta colección recolle títulos coma: “De la reforestación de Pontevedra. El gran proyecto de Daniel de la Sota hecho realidad 1927-1958”, “Centro forestal de investigación Lourizán” (DVD), “Árbores e arbustos do castelo de Sobroso”, “Nuestro agro”, “Sanidad de la vid en Galicia”…



Volver á páxina anterior

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 29/03/2024 14:08
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/