|
 |
|
Fondo Delegación Provincial do Instituto Nacional de Estatística (INE)
|
|
Cuestionario do Censo de Poboación e Vivenda de 1970 do
Concello de Silleda
|
|
 |
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES.AHPPO.36038 |
1.2. |
Título |
Delegación Provincial de Estatística |
1.3. |
Datas |
1970-1983 |
1.4. |
Nivel de descrición |
Fondo |
1.5. |
Volume e soporte |
2678 carpetas en soporte papel |
|
 |
 |
 |
 |
2.1. |
Nome do produtor |
Delgación Provincial de Estatística de Pontevedra |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
O Instituto Nacional de Estatística créase pola Lei do 31 de decembro de 1945, adscrito á Presidencia do Goberno para recoller e procesar os datos estatísticos, a formación de censos de poboación, edificios, vivendas,... Polo Decreto do 2 de febreiro de 1948 organízanse os servizos centrais e as delegacións provinciais.
Coa Lei 12/1989 do 9 de maio pasa a ser un organismo autónomo de carácter administrativo adscrito ó Ministerio de Economía e Facenda. |
2.3. |
Historia arquivística |
A Delegación Provincial de Estatística envía o 24 de novembro de 1980 ó Arquivo a documentación do “Censo Xeral de Poboación e Vivenda” do ano 1970; vinte días máis tarde remite a documentación da Delegación de Estatística de Vigo.
O 13 de outubro de 1987 a Delegación Provincial manda o “Censo de poboación” de 1981; “altas e baixas no censo electoral”; “rueiro”,... |
2.4. |
Forma de ingreso |
Transferencia |
|
 |
 |
 |
 |
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
A meirande parte da documentación correspóndese cos “censos de poboación e vivenda” de 1970 e 1981. O resto da documentación pertence ó censo electoral (“altas e baixas”; “renovación”,...). |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
|
3.3. |
Novos ingresos |
Prevense novas transferencias en función das dispoñibilidades de espazo do Arquivo Histórico. |
3.4. |
Organización |
Organízase por concellos, distritos e seccións. - Censo de poboación e vivenda 1970 - Censo de poboación e vivenda 1981 - Censo electoral 1981 - Renovación do censo electoral 1981 - Altas e baixas no censo electoral 1983 - Lista de establecementos de Pontevedra - Reacción de electores duplicados e triplicados da provincia de Pontevedra”. |
|
 |
 |
 |
 |
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
Acceso libre, agás as restricións contempadas no art. 57.1.c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español. |
4.2. |
Condición de reprodución |
Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso. |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
Castelán |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
|
4.5. |
Instrumentos de descrición |
Inventario. |
|
 |
 |
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
|
5.2. |
Existencia e localización de copias |
Arquivo do Instituto Nacional de Estatística Nos concellos existen copias dos censos electorais |
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
A información que contén o censo de poboación correspóndese co padrón municipal de habitantes dos concellos da provincia. |
5.4. |
Nota de publicacións |
|
|
 |
 |
6.1. |
Notas |
Esta documentación atópase en caixas de embalaxe, co número de carpetas no exterior. Non se colocou en estanterías debido á falla de espazo existente neste Arquivo. |
|
 |
 |
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber |
7.2. |
Regras ou normas |
ISAD (G), 2ª ed. |
7.3. |
Data da descripción |
Outubro 2004- febreiro 2005 |
|
 |
|
|