[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Delegación Provincial de Abastecementos e Transportes



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Mapa nacional de abastecementos e transportes,
ano 1944. Concello de Barro
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título Delegación Provincial de Abastecementos e Transportes
1.3. Datas 1944-1950
1.4. Nivel de descrición Fondo
1.5. Volume e soporte 49 libros en soporte papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Delegación Provincial da Comisaría Xeral de Abastecementos e Transportes
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
A Comisaría Xeral de Abastecementos e Transportes créase pola Lei do 10 de marzo de 1939 coa misión de controlar a política intervencionista do Estado en época de crise e loitar contra o mercado negro. Entre as súas funcións están tanto a obtención e adquisición de recursos coma a súa distribución “equitativa” entre todos os españois, o control de prezos, a taxación e intervención dos produtos que sexa necesario taxar e intervir, así como a fixación de diferentes tipos de racionamento e a proposta de importacións e exportacións de artigos necesarios para o abastecemento nacional que sexan precisos para suplir os déficits producidos no orzamento de abastecementos. Así mesmo, tiña encomendada a centralización das estatísticas de recursos e consumo. As delegacións provinciais, presididas polo gobernador civil tiñan como competencia nos primeiros anos asegurarlle o abastecemento á poboación de artigos de primeira necesidade. A recollida de abastecementos correspondíalle a un organismo supraprovincial, as comisarías de recursos de zona, formando parte Pontevedra da oitava xunto coa Coruña, Lugo e Ourense. Dentro desta regulamentación do consumo as funcións das delegacións provinciais van desde a formación de estatísticas ou a distribución, entre os distintos concellos, das cotas de artigos intervidos e as cartillas de racionamento á poboación, á inspección dos prezos oficiais taxados e dos transportes para o reparto das cotas asignadas. O remate do racionamento en 1953 suporá o inicio da decadencia da Comisaría, que vai perdendo competencias ata desaparecer en 1981, mentres que as delegacións provinciais continuaron, baixo a dependencia do S.E.N.P.A., dedicándose á compra, almacenamento e financiamento de produtos agrarios, así como á información sobre produción, distribución e consumo de alimentos, ata a súa completa desaparición en 1984 por unha reestruturación interna do S.E.N.P.A.
2.3. Historia arquivística En marzo de 1972 a “Delegación Provincial de Abastecimientos y Transportes” transfirió ó A.H.P. de Pontevedra os “Mapas Provinciales de Abastecimientos y Estudios Económicos”, de acordo cunha orde da Comisaría Xeral do 22 de febreiro. Esta serie é a única que, polo momento, constitúe o fondo da Delegación Provincial.
2.4. Forma de ingreso Transferencia


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido A Circular nº 490, do 25 de setembro de 1944, da “Comisaría General de Abastecimientos y Transportes“ ordenou a elaboración dun mapa nacional de abastecementos mediante a confección de mapas municipais por parte das delegacións locais de abastecementos, realizados a partir de cuestionarios por triplicado, dos que dous exemplares se remitirían á Delegación Provincial, que debía encadernalos por partidos xudiciais. O mapa nacional recolle anualmente todo tipo de datos económicos de cada concello: produción agrícola e gandeira, industrias alimenticias, medios de transporte, hostalería, establecementos comerciais, tipos de industrias e datos sobre o número de persoas dedicadas a cada actividade. A Orde do 9 de xullo de 1952 traspásalle a competencia sobre a elaboración do mapa nacional de abastecementos ó Instituto Nacional de Estatística.
3.2. Valoración, selección e eliminación Por tratarse de documentación única, que proporciona información de carácter económico para un período moi concreto, considerase que ten un valor permanente, polo que non está suxeita a ningún tipo de selección ou eliminación.
3.3. Novos ingresos Prevense novas transferencias, en función das dispoñibilidades de espazo do Arquivo Histórico
3.4. Organización Os libros do mapa nacional de abastecementos da provincia de Pontevedra son anuais e están divididos por partidos xudiciais, separando dentro de cada un deles os distintos concellos. Nos anos 1948, 1949 e 1950 existe un tomo por cada partido xudicial e ano.


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Libre
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán; os formularios son impresos e os datos manuscritos.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Soporte en papel, encadernados en forma de libros de gran formato, 37,5 x 31 cm. Bo estado de conservación.
4.5. Instrumentos de descrición Inventario.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas A partir de 1952 a elaboración dos mapas nacionais de abastecementos élle encomendada ó Instituto Nacional de Estatística, no que debería estar a continuación desta serie documental.
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber.
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004 – febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 27/05/2005 12:04
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/