|
 |
|
Fondo Xulgado de Distrito Nº 1 de Vigo
|
|
Rexistro de asuntos criminais de 1946 |
|
 |
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES.AHPPO.36038 |
1.2. |
Título |
Xulgado de Distrito nº 1 de Vigo |
1.3. |
Datas |
1913-1977 (predomina 1932-1969) |
1.4. |
Nivel de descrición |
Fondo |
1.5. |
Volume e soporte |
332 caixas e 60 libros en soporte papel |
|
 |
 |
 |
 |
2.1. |
Nome do produtor |
Xulgado Municipal nº1 de Vigo Xulgado de Distrito nº 1 de Vigo |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
A Lei de organización do poder Xudicial do 15 de setembro de 1870 establece a existencia en cada termo municipal de “uno o más jueces municipales” con competencias en materia civil e penal. Posteriormente, a Lei do 5 de agosto de 1907 establece que “en cada término municipal habrá un Xulgado municipal constituído por un juez, un fiscal y un secretario”, con competencias en materia civil para demandas de determinada contía, e en materia penal para “hechos punibles” cualificados como falta; as súas sentenzas serían recorríbeis perante o xuíz de 1ª Instancia e Instrución do partido xudicial correspondente. A Lei de bases da xustiza municipal de 1944 estableceu unha división entre xulgados municipais, radicados en capitais de provincia e concellos de máis de 20.000 habitantes, comarcais, nos concellos “que sean centros o capital de comarca”, e de paz nos restantes municipios; pola Orde do 24 de marzo de 1945 apróbase a demarcación destes xulgados. Esta situación manterase ata o R.d. 2104/1977, que desenvolve a Lei de bases 42/1974, orgánica da xustiza, pola que se unifican os xulgados municipais e comarcais baixo a denominación xenérica de xulgados de distrito. |
2.3. |
Historia arquivística |
Do mesmo xeito que os fondos dos xulgados de 1ª Instancia e Instrución de Vigo, a documentación dos xulgados municipais tamén ingresou no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra en outubro de 1988, na mesma situación de caos e desorde, e incluso bastante máis deteriorada, probablemente debido á humidade dos depósitos nos que se gardaba. Está tamén en proceso de organización e descrición, que está rematado nun 50%. |
2.4. |
Forma de ingreso |
Transferencia |
|
 |
 |
 |
 |
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
No eido civil a documentación está formada por xuízos verbais, de cognición e de desafiuzamento e mais actos de conciliación, e no eido penal, de xuízos de faltas. |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
|
3.3. |
Novos ingresos |
Prevense novas transferencias, en función das dispoñibilidades de espazo do Arquivo Histórico. |
3.4. |
Organización |
MATERIA CIVIL - Xuízos verbais civís - Xuízos de cognición - Xuízos de desafiuzamento - Actos de conciliación - Rexistros de reparto de asuntos civís
MATERIA PENAL - Xuízos verbais de faltas - Dilixencias previas - Rexistros de xuízos de faltas - Rexistros de denuncias de orde pública |
|
 |
 |
 |
 |
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
Acceso restrinxido de acordo co establecido polo artigo 57.1c), da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español |
4.2. |
Condición de reprodución |
Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso. |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
Castelán, manuscrito e mecanografado |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
Unha parte da documentación presenta problemas debido á oxidación dos elementos metálicos pola humidade, existen tamén documentos afectados por fungos e a acción de pequenos animais (insectos, roedores, pombas...) |
4.5. |
Instrumentos de descrición |
Inventario. |
|
 |
 |
 |
 |
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
|
5.2. |
Existencia e localización de copias |
|
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
Pode atoparse documentación directamente relacionada nos fondos dos Xulgados de 1ª Instancia e Instrución de Vigo. |
5.4. |
Nota de publicacións |
|
|
 |
 |
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber. |
7.2. |
Regras ou normas |
ISAD (G), 2ª ed. |
7.3. |
Data da descripción |
Outubro 2004 – febreiro 2005 |
|
 |
|
|