[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Maxistratura de Traballo Nº 1 de Vigo



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Expediente contencioso nº 159/1943
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título Maxistratura de Traballo nº 1 de Vigo
1.3. Datas 1943-1980 (predomina 1955-1980)
1.4. Nivel de descrición Fondo
1.5. Volume e soporte 844 caixas en soporte papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Maxistratura de Traballo nº 1 de Vigo
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
As maxistraturas de traballo créanse polo Decreto do 13 de maio de 1938, que suprime os xurados mixtos de traballo e os tribunais de traballo. A Lei Orgánica do 17 de outubro de 1940 configúraas como “única instancia jurisdiccional contenciosa en la rama social del derecho”, coa función de intervir nos conflitos individuais entre empresarios e traballadores e, a partir de 1963, nos litixios motivados pola aplicación do réxime da Seguridade Social. Estaban vinculadas, administrativa e disciplinariamente, ó Ministerio de Traballo, e as súas sentenzas podían ser recorridas perante o Tribunal Central de Traballo e a Sala do Social do Tribunal Supremo. A base territorial das maxistraturas será a provincia, tendo a súa sede nas capitais; non obstante, a Orde do 25 de maio de 1938 estableceu que na provincia de Pontevedra a sede estivera na cidade de Vigo. A Maxistratura de Vigo será a única da provincia ata que, pola Orde do 22 de abril de 1953, se crea a Maxistratura de Pontevedra, que abranguerá o territorio dos partidos xudiciais de Caldas de Reis, Cambados, A Estrada, Lalín, Pontevedra, Pontecaldelas e Redondela, agás os concellos de Cangas, Moaña, Mos, Pazos de Borbén e Redondela que, xunto cos partidos xudiciais da Cañiza, Ponteareas, Vigo e Tui, seguirán dependendo da Maxistratura de Vigo. Pola Orde do 4 de xaneiro de 1973 crearase a Maxistratura de Traballo nº 2 de Vigo e pola Orde do 8 de xaneiro de 1973 a nº 3. A Lei 6/1985, Orgánica do poder xudicial manterá as maxistraturas de traballo ata a súa substitución definitiva polos xulgados do social coa entrada en vigor da Lei de planta e demarcación xudicial, do 28 de decembro de 1988.
2.3. Historia arquivística A documentación da Maxistratura de Traballo nº 1 de Vigo ingresou en outubro de 1988 procedente do antigo edificio dos xulgados de Vigo, xunto con outra documentación xudicial do partido, agrupada en atados desordenados. A meirande parte da documentación iníciase en 1955 xa que, segundo parece, a anterior fora eliminada nun expurgo realizado a consecuencia dun traslado desde un antigo local á sede xudicial na rúa do Príncipe.
2.4. Forma de ingreso Transferencia


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido A documentación está formada por dúas series: “Expedientes contenciosos” e “Expedientes gubernativos”. Os contenciosos inícianse por demanda de particular e por distintos motivos: salarios, seguros sociais, subsidios, I.L.T., invalidez, etc.; os gobernativos comezan a instancia da administración e derivan do incumprimento das obrigacións respecto á Seguridade Social.
3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos Prevense novas transferencias, en función das dispoñibilidades de espazo do Arquivo Histórico
3.4. Organización As dúas series que compoñen o fondo, expedientes contenciosos e expedientes gobernativos, seguen unha ordenación numérica dentro de cada ano.


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Acceso restrinxido de acordo co establecido polo artigo 57.1c), da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán, manuscrito e mecanografado
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
O estado de conservación é bo en xeral.
4.5. Instrumentos de descrición Inventario.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber.
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004 – febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 27/05/2005 11:50
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/