[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Nº 3 de Vigo



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Dilixencias preparatorias nº 80/1966
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 3 de Vigo
1.3. Datas 1966-1981 (predomina 1966-1969)
1.4. Nivel de descrición Fondo
1.5. Volume e soporte 91 caixas e 3 libros en soporte papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 3 de Vigo
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 3 de Vigo créase polo Decreto 3388/1965, do 11 de novembro, aínda que a Orde do 22 de xaneiro de 1966 estableceu o inicio da súa actividade para o 1 de abril do mesmo ano.
2.3. Historia arquivística A documentación dos xulgados de Vigo ingresou no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra en outubro de 1988, procedente do antigo edificio dos xulgados e cárcere do partido. Este edificio fora desaloxado algúns anos antes debido á construción dunha nova sede xudicial, pero a documentación permaneceu abandonada e en boa parte sometida á acción da humidade e de roedores, pombas e gaivotas. Por este motivo o ingreso dos documentos se produciu nun estado de absoluto caos e desorde, e con algúns casos de gran deterioro. Dende o año 1992 distintos equipos de traballo ocupáronse da súa limpeza, clasificación, ordenación, descrición e instalación, nun proceso que aínda non está completamente finalizado.
2.4. Forma de ingreso Transferencia


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido A meirande parte da documentación está composta polos xuízos civís en primeira instancia e os sumarios sobresidos na orde penal, así como as dilixencias previas e preparatorias e as apelacións dos xulgados municipais e comarcais.
3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos Prevense novas transferencias, en función das dispoñibilidades de espazo do Arquivo Histórico.
3.4. Organización

MATERIA CIVIL
- Expedientes de xuízos civís
- Apelacións de xuízos de xulgados municipais

MATERIA PENAL
- Sumarios sobresidos
- Dilixencias previas
- Dilixencias preparatorias
- Dilixencias indeterminadas
- Apelacións de xuízos verbais de faltas



4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Acceso restrinxido de acordo co establecido polo artigo 57.1c), da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán, manuscrito e mecanografado
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Unha parte da documentación presenta problemas debido á oxidación dos elementos metálicos pola humidade; existen tamén documentos afectados por fungos e a acción de pequenos animais (insectos, roedores, pombas...)
4.5. Instrumentos de descrición Inventario.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pode atoparse documentación directamente relacionada nos fondos dos xulgados municipais e de 1ª Instancia e Instrución nº 1 e 2, así como no fondo da Audiencia Provincial.
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber.
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004 – febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 27/05/2005 11:49
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/