|
 |
|
Fondo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Nº 1 de Vigo
|
|
Rexistro de asuntos civís de 1929-1931 |
|
 |
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES.AHPPO.36038 |
1.2. |
Título |
Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 1 de Vigo |
1.3. |
Datas |
1882-1986 (predomina 1933-1969) |
1.4. |
Nivel de descrición |
Fondo |
1.5. |
Volume e soporte |
632 caixas e 131 libros en soporte papel |
|
 |
 |
 |
 |
2.1. |
Nome do produtor |
Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 1 de Vigo |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
Mencionados na Constitución de 1812, creados en 1835 polo Regulamento da administración de xustiza, son tribunais unipersonais que coñecen en primeira instancia en asuntos civís e criminais e en segunda instancia dos xuízos de faltas; tiñan como sede os concellos que foran cabeza de partido xudicial. Tras varios decretos de ampliación e supresión, a Lei adicional á orgánica do poder xudicial de 1882 restableceu os xulgados de 1ª Instancia con funcións tamén de instrución en materia penal. A Lei 42/1974 de bases orgánicas da xustiza designa os xulgados de 1ª Instancia e Instrución como xulgados de partido, con competencias, en materia civil en primeira instancia en todos os procesos civís, e en segunda instancia nos procesos civís tramitados en primeira polos xulgados de distrito (anteriormente municipais ou comarcais); e en materia penal correspóndelles a instrución dos procesos por delitos graves e infraccións de maior contía, e a segunda instancia nas apelacións de sentenzas ditadas polos xulgados de distrito. Os xuíces desenvolverán tamén actividades en materia gobernativa e inspectora dentro do territorio da súa xurisdición. |
2.3. |
Historia arquivística |
A documentación dos xulgados de Vigo ingresou no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra en outubro de 1988, procedente do antigo edificio dos xulgados e cárcere do partido. Este edificio fora desaloxado algúns anos antes debido á construción dunha nova sede xudicial, pero a documentación permaneceu abandonada e en boa parte sometida á acción da humidade e de roedores, pombas e gaivotas. Por este motivo o ingreso dos documentos se produciu nun estado de absoluto caos e desorde, e con algúns casos de gran deterioro. Dende o ano 1992 distintos equipos de traballo ocupáronse da súa limpeza, clasificación, ordenación, descrición e instalación, nun proceso que aínda non está completamente finalizado. |
2.4. |
Forma de ingreso |
Transferencia |
|
 |
 |
 |
 |
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
A meirande parte da documentación está composta polos xuízos civís en primeira instancia e os sumarios sobresidos na orde penal así como as dilixencias previas e preparatorias e as apelacións dos xulgados municipais e comarcais. |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
|
3.3. |
Novos ingresos |
Prevense novas transferencias, en función das dispoñibilidades de espazo do Arquivo Histórico. |
3.4. |
Organización |
MATERIA CIVIL - Expedientes de xuízos civís - Apelacións de xuízos de xulgados municipais - Rexistros de asuntos civís - Rexistros de apelacións - Rexistros de exhortos
MATERIA PENAL - Sumarios sobresidos - Dilixencias previas - Dilixencias preparatorias - Dilixencias indeterminadas - Apelacións de xuízos verbais de faltas - Rexistros de sumarios - Rexistros auxiliares de causas - Rexistros de dilixencias preparatorias - Rexistros de dilixencias indeterminadas - Rexistros de exhortos - Rexistros de cartas ordes - Rexistros de apelacións de xuízos de faltas - Rexistros de penados |
|
 |
 |
 |
 |
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
Acceso restrinxido de acordo co establecido polo artigo 57.1c), da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español. |
4.2. |
Condición de reprodución |
Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso. |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
Castelán, manuscrito e mecanografado |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
Unha parte da documentación presenta problemas debido á oxidación dos elementos metálicos pola humidade; existen tamén documentos afectados por fungos e pola acción de pequenos animais (insectos, roedores, pombas...) |
4.5. |
Instrumentos de descrición |
Inventario. |
|
 |
 |
 |
 |
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
|
5.2. |
Existencia e localización de copias |
|
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
Pode atoparse documentación directamente relacionada nos fondos dos xulgados municipais e de 1ª Instancia e Instrución nº 2 e 3 de Vigo, así como no fondo da Audiencia Provincial. |
5.4. |
Nota de publicacións |
GIRALDEZ LOMBA, Antonio: Sobrevivir a los años del hambre en Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses, 2002 |
|
 |
 |
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber. |
7.2. |
Regras ou normas |
ISAD (G), 2ª ed. |
7.3. |
Data da descripción |
Outubro 2004 – febreiro 2005 |
|
 |
|
|