|
 |
|
Fondo Xulgado Primeira Instancia e Instrución Nº 1 de Tui
|
|
Rexistro xeral de asuntos criminais de 1988 |
|
 |
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES.AHPPO.36038 |
1.2. |
Título |
Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 1 de Tui |
1.3. |
Datas |
1933-1990 |
1.4. |
Nivel de descrición |
Fondo |
1.5. |
Volume e soporte |
1019 caixas en soporte papel |
|
 |
 |
 |
 |
2.1. |
Nome do produtor |
Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº1 de Tui |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
Creado o Xulgado de 1ª Instancia polo Regulamento da administración de xustiza de 1835 e consolidado con funcións de 1ª instancia no civil e instrución no penal pola Lei adicional de 1882, o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Tui abarca nas súas competencias ós concellos de Tui, Salceda de Caselas, Porriño, Tomiño, A Guarda, Santa María de Oia e O Rosal. A eles unirase o de Mos en 1970 ó suprimirse o partido xudicial de Redondela. Pola Lei 38/1988, de demarcación e planta xudicial, créase o Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº 2 de Tui, que absorberá os asuntos dos suprimidos xulgados de distrito de Tui e A Guarda, pasando o máis antigo a numerarse co nº 1. Esta misma Lei crea o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Porriño, que englobará os termos municipais de Porriño, Salceda de Caselas e Mos. |
2.3. |
Historia arquivística |
No ano 2003 a xuíza decana dos xulgados de Tui solicitou a colaboración do Arquivo Histórico Provincial debido á penosa situación na que se atopaban os arquivos xudiciais, especialmente o do Xulgado nº 1 que, tras o traslado por unhas obras de reforma estaba amoreado e desordenado nas dependencias dos calabozos. Durante máis de dous meses dúas arquiveiras do A.H.P. trasladáronse ás dependencias xudiciais para procederen a unha primeira e somera clasificación e ordenación dos expedientes, separando os asuntos civís dos penais e establecendo as secuencias cronolóxicas dos distintos tipos documentais. En abril de 2004 produciuse o ingreso dos documentos no local que, como depósito provisional, fora alugado no ano 2001 pola Consellería de Cultura para paliar a falla de espazo no edificio do Arquivo Histórico. |
2.4. |
Forma de ingreso |
Transferencia |
|
 |
 |
 |
 |
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
A meirande parte da documentación está composta polos xuízos civís en primeira instancia e os sumarios sobresidos, na orde penal, así como as dilixencias previas e preparatorias e as apelacións dos xulgados municipais e comarcais. |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
|
3.3. |
Novos ingresos |
Prevense novas transferencias, en función das dispoñibilidades de espazo do Arquivo Histórico. |
3.4. |
Organización |
En proceso de organización e descrición. |
|
 |
 |
 |
 |
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
Acceso restrinxido de acordo co establecido polo artigo 57.1c), da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español. |
4.2. |
Condición de reprodución |
Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso. |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
Castelán, manuscrito e mecanografado. |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
Unha parte da documentación presenta problemas debido á oxidación dos elementos metálicos pola humidade; existen tamén documentos afectados por fungos e a acción de pequenos animais (insectos, roedores, pombas...) |
4.5. |
Instrumentos de descrición |
Relación superficial das caixas. |
|
 |
 |
 |
 |
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
|
5.2. |
Existencia e localización de copias |
|
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
Pode atoparse documentación relacionada en materia penal no fondo da Audiencia Provincial. |
5.4. |
Nota de publicacións |
|
|
 |
 |
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber. |
7.2. |
Regras ou normas |
ISAD (G), 2ª ed. |
7.3. |
Data da descripción |
Outubro 2004 – febreiro 2005 |
|
 |
|
|