|
 |
|
Fondo Maxistratura de Traballo Nº 1 de Pontevedra
|
|
Expediente gobernativo nº 162/1953 |
|
 |
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES.AHPPO.36038 |
1.2. |
Título |
Maxistratura de Traballo nº 1 de Pontevedra |
1.3. |
Datas |
1953-1988 |
1.4. |
Nivel de descrición |
Fondo |
1.5. |
Volume e soporte |
1135 atados en soporte papel |
|
 |
 |
 |
 |
2.1. |
Nome do produtor |
Maxistratura de Traballo nº 1 de Pontevedra |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
A Maxistratura de Traballo de Pontevedra créase pola Orde do 22 de abril de 1953, ata entón a única maxistratura existente, creada en 1938 e con competencia en toda a provincia, tiña a súa sede en Vigo. Segundo a Orde de 1953 o territorio da Maxistratura de Pontevedra comprenderá os partidos xudiciais de Caldas de Reis, Cambados, A Estrada, Lalín, Pontevedra, Pontecaldelas e Redondela, agás os concellos de Cangas, Moaña, Mos, Pazos de Borbén e Redondela, que continuarán dependendo da de Vigo. Esta situación manterase estable ata o R.r. 493/1985 polo que se crea a Maxistratura de Traballo nº 2 de Pontevedra. A entrada en vigor da “Ley de Planta y Demarcación Judicial”, do 28 de decembro de 1988 substitúe as Maxistraturas de Traballo polos Xulgados do Social, que en Pontevedra estenderán a súa xurisdición a toda a provincia, agás o Partido Xudicial de Vigo. |
2.3. |
Historia arquivística |
Os expedientes da Maxistratura nº 1 de Pontevedra ingresaron no A.H.P. en distintas transferencias efectuadas nos anos 1980, 1981, 1982, 1983, 1988 e 1991. |
2.4. |
Forma de ingreso |
Transferencia |
|
 |
 |
 |
 |
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
A documentación está formada por dúas series: “Expedientes contenciosos” e “Expedientes gobernativos”. Os contenciosos inícianse por demanda de particular e por distintos motivos: salarios, seguros sociais, subsidios, I.L.T., invalidez, etc.; os gobernativos comezan a instancia da administración e derivan do incumprimento das obrigacións respecto á seguridade social. |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
|
3.3. |
Novos ingresos |
Prevense novas transferencias, en función das dispoñibilidades de espazo do Arquivo Histórico |
3.4. |
Organización |
As dúas series que compoñen o fondo, expedientes contenciosos e expedientes gobernativos, seguen unha ordenación numérica dentro de cada ano. |
|
 |
 |
 |
 |
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
Acceso restrinxido de acordo co establecido polo artigo 57.1c), da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español |
4.2. |
Condición de reprodución |
Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso. |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
Castelán, manuscrito e mecanografado |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
O estado de conservación é bo en xeral. |
4.5. |
Instrumentos de descrición |
Inventario. |
|
 |
 |
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
|
5.2. |
Existencia e localización de copias |
|
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
|
5.4. |
Nota de publicacións |
|
|
 |
 |
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber. |
7.2. |
Regras ou normas |
ISAD (G), 2ª ed. |
7.3. |
Data da descripción |
Outubro 2004 – febreiro 2005 |
|
 |
|
|