[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 21 DE OUTUBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Audiencia Provincial de Pontevedra



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título Audiencia Provincial de Pontevedra
1.3. Datas 1892-1975
1.4. Nivel de descrición Fondo
1.5. Volume e soporte 1311 caixas e 308 metros lineais en soporte papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Audiencia Provincial de Pontevedra
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

A Lei adicional á orgánica do poder xudicial de 1882 crea 80 audiencias e salas do Criminal nas audiencias territoriais, creadas pola Lei de 1870. Polo R.d. do 16 de xullo de 1892 suprímense as audiencias do Criminal non radicadas nas capitais de provincia, pasando as subsistentes a denominarse Audiencias Provinciais. As súas competencias serán estritamente en materia penal, ata a Lei do 20 de xuño de 1968, que as converte tamén en órganos de apelación de determinadas resolucións dos xuíces de 1ª Instancia e dos xulgados municipais e comarcais da provincia.

Por outra parte, pola Lei do recurso contencioso-administrativo de 1888, créanse os Tribunais Provinciais do contencioso-administrativo, constituídos polo presidente e dous maxistrados da Audiencia Provincial e mais dous deputados provinciais. A súa competencia será coñecer as demandas en contra das resolucións das autoridades provinciais e municipais da provincia. Nun nivel superior existiría unicamente o Tribunal do Contencioso-Administrativo, substituído, polo R.D. do 8 de maio de 1904, pola Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Supremo. Esta situación manterase máis ou menos estable ata a Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, pola que se crea unha sala do contencioso-administrativo en cada audiencia territorial, suprimíndose os tribunais provinciais.

2.3. Historia arquivística No mes xullo de 1984 tivo lugar o primeiro traslado de documentación procedente da Audiencia Provincial consistente en 888 caixas, con datas extremas de 1925-1951, así como 5 caixas de expedientes de 1947 do Tribunal Contencioso-Administrativo. No mes de decembro de 1996 realizouse un segundo traslado de documentación consistente en expedientes desde 1892 ata 1975, agrupados en mazos atados con cordas cun volume aproximado de 400 m.l.
2.4. Forma de ingreso Transferencia


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido A meirande parte da documentación está composta polas denominadas “Causas con sentencia”, que son os expedientes penais xulgados e sentenciados pola Audiencia, correspondendo a instrución do sumario ós Xulgados de Instrución. Existen tamén os “Sumarios sobreseídos”, que son realmente testemuño do sobresemento, dado que o Sumario orixinal se lle devolve ó Xulgado de procedencia. Facer constar tamén os expedientes do Tribunal Contencioso-Administrativo, que abarcan desde 1892 a 1960 practicamente sen lagoas.
3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos Prevense novas transferencias, en función das dispoñibilidades de espazo do Arquivo Histórico.
3.4. Organización Cada unha das dúas series, “Causas con sentencia” e “Sumarios sobreseídos”, están agrupadas polo Xulgado de Instrución de procedencia. Dentro de cada xulgado a ordenación é cronolóxica e numérica dentro do ano, de acordo co número do Sumario do Xulgado de Instrución.


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Acceso restrinxido de acordo co establecido polo artigo 57.1c), da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán, manuscrito e mecanografado
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
O estado de conservación é, en xeral, bastante bo, aínda que algúns expedientes presentan roturas debido ás cordas dos mazos e ás dificultades para o manexo dalgúns mazos excesivamente grosos.
4.5. Instrumentos de descrición Inventario.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas Por tratarse de documentación penal, que se inicia nos Xulgados de Instrución, podemos atopar documentación relacionada en todos os xulgados da provincia.
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber.
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004 – febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 06/06/2005 13:31
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/