[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 22 DE OUTUBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Arquivo Histórico Diocesano



Depósitos do Arquivo Histórico Diocesano. Libro de ánimas (parroquia de Arcos).
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.ACHDT.36055
1.2. Título ARQUIVO HISTÓRICO DIOCESANO DE TUI
1.3. Datas 1563-2005
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte As unidades de instalación ocupan uns 250 metros lineais de estantes en soporte papel case na súa totalidade.


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Parroquias da Diocese de Tui-Vigo
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
A Diocese de Tui-Vigo compóñena na actualidade 276 parroquias. Algunhas foron creadas nos dous últimos séculos pero máis dun centenar ten unha orixe milenaria. O comezo dos arquivos parroquiais hai que situalos na segunda metade do século XVI e primeiras décadas do seguinte. En efecto, o ano 1568 o bispo D. Diego de Torquemada publicou na diocese tudense os decretos do Concilio de Trento (1563), que establecían que se abriran en cada parroquia os libros de bautizos, casados e defuntos. Aínda así, xa existían libros con anterioridade pois o libro de casados de San Fausto de Chapela comeza en 1563, sendo o máis antigo que se conserva.
2.3. Historia arquivística

O Arquivo Histórico Diocesano foi erixido en 1974 para asegurar e difundir o patrimonio documental conservado nos arquivos parroquiais da diocese con dilixente esmero por parte dos párrocos. Ese inaprezable tesouro chegou íntegro ata nós, salvo moi contadas excepcións, nas que sufriu deterioros por deixamento persoal ou por destrución a mantenta, coma no caso do saqueo e queima dos arquivos das parroquias do Porriño, de Vilavella e de Redondela polos franceses en 1809. Para evitar perdas irreparables das fontes que posibilitan a reconstrución da vida relixiosa, cultural, económica e social dos tempos pretéritos, en 1971 a Conferencia Episcopal Española determinou que se transferiran os arquivos parroquiais con máis de cen anos de antigüidade ó Arquivo Histórico Diocesano. Facéndose eco da importante iniciativa, o Boletín Oficial del Obispado de Tuy-Vigo, número 115 (1974), publicou o decreto do entón bispo da diocese, D. José Delicado Baeza, no que dicía: “De conformidade co acordo da Confederación Episcopal Española dispoñemos que os arquivos parroquiais con antigüidade de cen anos se transfiran ó arquivo xeral diocesano, conservando a súa propiedade as respectivas parroquias”.

Co mencionado decreto de 1 de maio de 1974 creouse o Museo e Archivo Diocesano baixo a dirección do sempre lembrado D. Jesús Gómez Sobrino. Ambas entidades patrimoniais e culturais permaneceron unidas e ocuparon o nobre edificio do antigo hospital de pobres e peregrinos, inmediato á catedral, que o prelado D. Juan Manuel Rodríguez Castañón construíra ás súas expensas en 1756 sobre outro anterior, levantado no século XVI.

Polo 1983, para mellorar o ordenamento físico do Arquivo Capitular, habilitáronse as dependencias do non utilizado pazo de contaduría, sito no lado norte da catedral. As obras realizáronse no 1797, sendo bispo D. Juan García Benito. No ano 1994 trasladouse tamén alí o Arquivo Histórico Diocesano. Dende xuño de 1998, xa co bispo actual, D. José Diéguez Reboredo, separáronse totalmente os arquivos Catedralicio e Diocesano do Museo Histórico Diocesano.

O Arquivo Diocesano dispón, ademais, dunha biblioteca especializada en temas históricos para facilitar o traballo dos investigadores.

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa dos arquivos parroquiais ó cumprir a documentación máis de cen anos.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Teñen depositados os arquivos 260 parroquias. Só unha ducia aínda non depositou os libros. O 65% do volume documental corresponde ós libros sacramentais, o 35% restante fórmano os libros de fábrica, confrarías, etc...
3.2. Valoración, selección e eliminación A documentación está formada por legaxos, libros manuscritos e impresos. O especial interese dos libros parroquiais é evidente, se se ten presente que os rexistros civís comezaron a súa andadura en 1870.
3.3. Novos ingresos Segue entrando, con moita frecuencia, documentación que xa supera os cen anos establecidos de retención, e outra das parroquias que aínda non transferiron.
3.4. Organización

CADRO DE CLASIFICACIÓN

2. ARQUIVO HISTÓRICO DIOCESANO
2.1. Libros sacramentais
2.1.1. Bautismos, 1569-1951
2.1.2. Casados, 1563-1910
2.1.3. Defuncións, 1580-1935
2.1.4. Confirmados, 1726-1936

2.2. Goberno
2.2.1. Libros de visitas pastorais, 1614-1879
2.2.2. Libros sinodais, 1598-1954
2.2.3. Libros de circulares, 1640-1859
2.2.4. Confrarías ou asociacións, 1565-1954
2.2.5. Capelas, 1686-1976
2.2.6. Hospitais, 1815-1877
2.2.7. Padrón veciñal (status animarum), 1877-1964

2.3. Acción pastoral e social
2.3.1. Conferencias morais do clero, 1905-1950
2.3.2. Acción Católica, 1923-1956
2.3.3. Escolas parroquiais, 1740-1800
2.3.4. Catequeses, 1880-1946
2.3.5. Conferencias de San Vicente de Paúl, 1880-1956
2.3.6. Sindicato Agrícola Católico, 1909-1929
2.3.7. Santa Casa da Misericordia, 1585-1905
2.3.8. Venerable Orde Terceira, 1707-1909
2.3.9. Apostolado da oración, 1900-1961

2.4 . Libros administrativos
2.4.1. Libros de fábrica, 1609-1930
2.4.2. Libros de contas, 1585-1954
2.4.3. Libros de inquilinato (casas reitorais), 1800-1948
2.4.4. Inventarios, 1760-1910
2.4.5. Límites parroquiais, 1708-1960
2.4.6. Libros de colecturía, 1798-1878
2.4.7. Padroados, 1811-1948
2.4.8. Censos e décimos, 1787-1854
2.4.9. Marqués de Ensenada (interrogatorio), 1752

2.5. Fundacións
2.5.1. Capelanías, 1600-1918
2.5.2. Obras pías, 1620-1940

2.6. Documentación notarial
2.6.1. Protocolos notariais, 1753-1843
2.6.2. Testamentos, 1630-1824

2.7. Cemiterios
2.7.1. Concesión de parcelas, 1860-1960
2.7.2. Obras (planos), 1860-1960



4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Ós documentos poden acceder os investigadores e todo aquel que xustifique a súa utilización por motivos persoais. Deben aterse ás limitacións das leis vixentes e ó Regulamento dos arquivos eclesiásticos españois.
4.2. Condición de reprodución A reprodución está moi limitada para evitar o deterioro e garantir a integridade da documentación. Existen uns impresos para solicitar fotocopias e reproducións dixitais.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán e, nalgúns documentos máis recentes, galego.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En papel na súa maioría, aínda que nalgúns libros se reutilizaron pergameos de cantorais e de bulas como tapas.
4.5. Instrumentos de descrición Ficheiro temático, guías e inventarios, parcialmente informatizados.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Arquivos parroquiais e Arquivo da Curia Diocesana
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen.
5.3. Unidades de descrición relacionadas Non se coñecen.
5.4. Nota de publicacións Revista "Tui. Museo e Arquivo Histórico Diocesano 1-9" (1975-2001).


6. Área de notas
6.1. Notas O Arquivo Histórico Diocesano comparte sé co Arquivo Capitular da catedral tudense, pero na actualidade hai unha proposta de adaptación de novos espazos porque corre o risco de quedaren colapsados de contado.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Avelino Bouzón Gallego, director. Roberto Fernández Díaz, auxiliar.
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival Description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Febreiro de 2005.

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 22/03/2005 08:40
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/