[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Colección documental Vaamonde Lores



Arquivo Gráfico do Museo de Pontevedra
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES. 36038 AMPo
1.2. Título Colección documental Vaamonde Lores
1.3. Datas 1860-1942
1.4. Nivel de descrición Colección documental
1.5. Volume e soporte 12 caixas de arquivo


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Florencio, Carlos e César Vaamonde Lores
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

Os irmáns Vaamonde Lores pertencen a unha das familias máis nobres da Coruña e os tres se dedicaron ó ámbito da literatura ou da investigación histórica.

Florencio (1860-1925) foi membro numerario fundador da Real Academia Galega. Como historiador deixou numerosos artigos en periódicos e revistas ou obras coma Apuntes para la historia de la Agricultura en Galicia ou Medios prácticos para combatir los insectos perjudiciales a la agricultura gallega. Como literato cultivou tanto a prosa (Anxélica) coma o verso (Os Calaicos).

César (1860-1942) foi bibliotecario-arquiveiro da Real Academia Galega e cronista da cidade da Coruña. O seu traballo centrouse na investigación histórica, deixando como proba numerosos artigos, sobre todo relacionados con aspectos da súa provincia de orixe. Empezou un Diccionario Gallego de Autoridades que deixou incompleto.

Carlos (1870-1937) foi axente de negocios aparte de adicarse á poesía

2.3. Historia arquivística Colección de reciente ingreso no Museo, ordenada e catalogada por Mª Jesús Fortes Alén
2.4. Forma de ingreso Compra no 2000


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido A colección contén numerosos manuscritos orixinais dos irmáns Vaamonde Lores, tanto literarios coma de interese histórico
3.2. Valoración, selección e eliminación Non se fixo expurgo
3.3. Novos ingresos Colección aberta, susceptible de ser ampliada
3.4. Organización


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Libre
4.2. Condición de reprodución Libre previa solicitude por escrito e agás materiais en mal estado ou obras completas
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán e galego
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
4.5. Instrumentos de descrición Catálogo en fichas para consulta en sala


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Poderían atoparse outros orixinais destes escritores no Arquivo do Reino de Galicia ou no Municipal da Coruña, ademais de en coleccións privadas
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Arquivo do Museo de Pontevedra
7.2. Regras ou normas General International Standar Archival description, Second Edition ISAD (G)
7.3. Data da descripción Decembro 2004

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 22/02/2005 10:38
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/