[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 28 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Colección documental Casa de Soutomayor



Arquivo Gráfico do Museo de Pontevedra
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES. 36038 AMPo
1.2. Título Colección documental da Casa de Sotomayor
1.3. Datas S. XV-S. XX
1.4. Nivel de descrición Colección documental
1.5. Volume e soporte 231 caixas de arquivo. Soporte sobre todo en papel e algúns pergamiños


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Familia Sotomayor
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
A linaxe dos Sotomayor é unha das máis antigas, afamadas e dinámicas da historia de Galicia, sobre todo da Baixa Idade Media, participando activamente en feitos tan senlleiros coma a revolta Irmandiña. A ela pertenceron personaxes tan importantes coma Paio Gómez de Sotomayor ou Pedro Madruga de Sotomayor. Propietaria esta familia do castelo do mesmo nome situado en Arcade (Pontevedra), a finais do século XVIII a Cancillería de Valladolid puxo fin a un longo problema sucesorio outorgándolle as propiedades dos Sotomayor ó marqués de Mos. A finais do século XIX os bens pasaron ó marqués de la Vega de Armijo, ilustre político finisecular que fixo do castelo a súa residencia estival e onde trataba cos seus invitados os máis diversos asuntos de Estado. A súa sobriña, a marquesa de Ayerbe foi a última propietaria do castelo antes da súa poxa pública en 1917. Actualmente é propiedade da Deputación Provincial
2.3. Historia arquivística

Pese a que hoxe en día se atopa reunida unha boa parte do arquivo, este sufriu numerosas perdas e diseminacións. Ó Museo chegou de procedencias diferentes, sendo a parte máis voluminosa a que xuntou D. José Solla no seu pequeno museo de Arcade.

Na actualidade o fondo se distribúese baixo tres denominacións diferentes que responden ós tres ingresos máis relevantes no arquivo; Sotomayor, Vega de Armijo e Solla. Na súa catalogación participaron ó longo dos anos os distintos bolseiros do Museo pero unha clasificación e tratamento conxuntos foi levado a cabo nos últimos anos por Ángela Comesaña Martínez e Mª Jesús Fortes Alén, dando lugar a un catálogo pormenorizado pendente de publicación nestes momentos

2.4. Forma de ingreso

Os primeiros rexistros da colección remóntanse ós depósitos e doazóns de D. Raimundo Riestra en 1944, 1945 e 1953. O segundo ingreso produciuse coa compra que fixo a Deputación Provincial no 1976 da documentación que tiña D.Xosé Solla. Os últimos ingresos débense ás doazóns da familia de D. Modesto Rodríguez Figueiredo en 1981 e ós depósitos da súa viúva e fillas no ano 2000, a maioría relacionadas coa actividade política do marqués de la Vega de Armijo. Outras adquisicións en librerías e casas de poxas producíronse en 1953, 1984 e 1985.

Por outra banda, con outras coleccións do arquivo chegaron documentos relacionados coa familia. Tal é o caso da Colección Sampedro ou a Mendoza Babiano, que garda numerosa información da administración das propiedades do castelo



3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido O contido desta colección permite un amplo abanico de posibilidades. Nela atópanse os instrumentos necesarisos pra facer un estudo da estrutura xenealóxica, xurísdica e económica en torno a un prototipo de familia nobre do Antigo Réxime con orixe na Edade Media. Por outro lado, a documentación do marqués de la Vega de Armijo, sobre todo a través da correspondencia coas legacións espalladas por todo o mundo, permiten debuxar un amplo panorama da política española de finais do século XIX
3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos
3.4. Organización

DOCUMENTOS DO ARQUIVO. ÍNDICES DE DOCUMENTOSDOCUMENTACIÓN XENEALÓXICA
a).- Historias manuscritas
b).- Xenealoxías, árbores e escudos de armas
c).- Executorias de fidalguía
d).- Informacións de nobreza de sangue

DOCUMENTOS CONSTITUTIVOS DE PROPIEDADE E TRANSMISIÓN DE BENS
a).- Partixas
b).- Vendas
- Crecente
- Goián
- Morrazo
- Pegullal
- Soutomaior
- Val Miñor
- Provincia de Ourense
- Outros lugares de Galicia
- Andalucía
- Aragón. Zaragoza
- Extremadura. Plasencia e Coria
- Madrid
c).- Permutas e trocos
- Mos
- Pegullal
- Val Miñor
- Outras zonas de Galicia
d).- Foros e censos
- Crecente
- Morrazo
- Mos
- Pegullal
- Salnés
- Soutomaior
- Tui
- Val Miñor
- Provincia de Ourense
- Outras zonas de Galicia
- Andalucía
- Extemadura
- Madrid
- Outros lugares fóra de Galicia
e).- Obrigacións
- Galicia
- Andalucía
- Extremadura
f).- Testamentos
g).- Posesións de bens
- Galicia
- Andalucía
- Extremadura
- Madrid
- Portugal
h).- Dotes
i).- Morgados. Fundacións e agregacións
- Galicia
- Outros lugares fóra de Galicia
j).- Renuncias de lexítimas e bens
k).- Cesións e doazóns
l).- Outros documentos certificativos de propiedade

DOCUMENTACIÓN DE ADMINISTACIÓN DE PROPIEDADE
a).- Contas
- Casa de Banga
- Gomesende
- Mos
- Pegullal
- Pontevedra
- Salnés
- Santiago
- Soutomaior
- Sotopenedo
- Val Miñor
- Vigo
- Outras zonas de Galicia
- Andalucía
- Extremadura
- Madrid
- Portugal
- Outras contas
b).- Inventarios, relacións e listados
c).- Apeos e deslindes
- Galicia
- Fóra de Galicia
d).- Arrendamentos
- Galicia
- Andalucía
- Madrid
e).- Recibos, facturas e cartas de pago
f).- Préstamos e hipotecas
g).- Concordias, acordos e concertos
h).- Poderes
i).- Curadurías
j).- Prorrateos
k).- Preitos de causa económica
l).- Correspondencia administrativa
m).- Outros documentos da administración de propiedade
- Crecente
- Morrazo
- Pegullal
- Pontevedra
- Salnés
- Soutomaior
- Val Miñor
- Outras zonas de Galicia
- Andalucía
- Aragón
- Madrid

DOCUMENTOS DE CARACTER SEÑORIAL E XURISDICIONAL
a).- Civil
- Mercedes
- Nomeamentos de cargos públicos
- Preitos de residencia
- Outros documentos de xurisdición civil
b).- Eclesiástica
- Curatos, capelanías e oratorios privados
- Nomeamentos de cargos
eclesiásticos

DOCUMENTACIÓN DE CARÁCTER INDIVIDUAL
a).- Certificados sacramentais
b).- Demandas de pobreza
c).- Pensións, consignacións económicas
d).- Títulos honoríficos
e).- Documentación individual de función
f).- Certificados de estudos e profesionais
g).- Correspondencia particular
h).- Outra documentación de carácter persoal

ARQUIVO DO MARQUÉS DE LA VEGA DE ARMIJO
a).- Persoal
- Certificados sacramentais
- Títulos e nomeamentos
- Condecoracións
- Correspondencia privada
b).- Documentación profesioal
- Real Academia da Historia
- Actividade política

VARIA
a).- Manuscritos
b).- Fotografías
c).- Impresos

DOCUMENTOS DO MUSEO SOLLA DE ARCADE



4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Libre
4.2. Condición de reprodución Libre, agás documentación en mal estado
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Na correspondencia do marqués de la Vega de Armijo hai cartas en todas as linguas europeas, e mesmo algún exemplo en árabe ou en linguas asiáticas
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Soporte en papel e en pergamiño
4.5. Instrumentos de descrición Catálogo en papel de consulta en sala


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas
5.4. Nota de publicacións Filgueira Valverde, Xosé F., “O Arquivo do Museo de Pontevedra”, en El Museo de Pontevedra, tomo XLII, Pontevedra, 1988
Miramontes Castro, María, Catálogo da documentación medieval do Museo de Pontevedra, Pontevedra, 1996


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Arquivo do Museo de Ponteveda
7.2. Regras ou normas General International Standar Archival description, Second Edition ISAD (G)
7.3. Data da descripción Decembro 2004

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 22/02/2005 10:49
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/