[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 18 DE AGOSTO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Colección documental Francisco Javier Sánchez Cantón



Arquivo Gráfico do Museo de Pontevedra
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES. 36038 AMPo
1.2. Título Colección documental de D. Francisco Javier Sánchez Cantón
1.3. Datas 1891-1971
1.4. Nivel de descrición Colección documental
1.5. Volume e soporte Unhas 100 caixas de arquivo. Soporte en papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Francisco Javier Sánchez Cantón
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
Francisco Javier Sánchez Cantón (1891-1971) foi un dos fundadores do Museo e unha das persoas que máis participou no seu desenvolvemento posterior dende os seus cargos en distintas institucións; director do Museo do Prado e das Reais Academias da Historia e de Belas Artes, decano da Universidade Complutense, etc. Por outra banda, a súa relación con diversos organismos galegos coma Instituto P. Sarmiento de Estudos Galegos, foi moi intensa e mantívose ó longo da súa vida
2.3. Historia arquivística O arquivo persoal de Sánchez Cantón ingresou no Museo tras a súa morte por legado testamentario. Unha disposición no testamento redactado en 1963 fixo que este fondo estivese precintado ata hai pouco tempo, polo que, aínda que hai un inventario xeral dos materiais elaborado por Lara Rey Vázquez, están pendentes a clasificación e catalogación definitivas. O que si está totalmente ordenado é a serie de correspondencia, traballo feito por Mª Jesús Fortes Alén
2.4. Forma de ingreso Legado testamentario


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

O contido do fondo abarca todas as facetas profesionais de Sánchez Cantón. Son numerosísimos os orixinais propios dos seus traballos sobre Velázquez, Goya e outros moitos temas da historia da arte. Pola súa parte, a correspondencia é un riquísimo material para coñecer o desenvolvemento do seu traballo cotián e, sobre todo, a súa implicación nos proxectos culturais galegos.

Ademais dos documentos xerados por el mesmo, son moi ricas as coleccións que conseguiu reunir de materiais doutros escritores galegos. Así, teñen singular valor, só por citar algúns exemplos, as cartas autógrafas de Frei Martín Sarmiento a Dª. Constanza de Lemos y Valcárcel ou as de Manuel Murguía a Carlos Ramón Fort, director da Real Academia da Historia a finais do século XIX.

O arquivo documental compleméntase cun riquísimo arquivo gráfico e coa súa vastísima biblioteca

3.2. Valoración, selección e eliminación Non se fixo selección ningunha
3.3. Novos ingresos Non están previstos
3.4. Organización


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Ata a súa total catalogación, acceso restrinxido
4.2. Condición de reprodución Reprodución denegada ata a súa total catalogación
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán e galego, inglés, francés e outras linguas nalgunhas ocasións
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
4.5. Instrumentos de descrición Inventario de uso interno


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas
5.4. Nota de publicacións Filgueira Valverde, Xosé F., “O Arquivo do Museo de Pontevedra”, en El Museo de Pontevedra, tomo XLII, Pontevedra, 1988


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Arquivo do Museo de Pontevedra
7.2. Regras ou normas General International Standar Archival description, Second Edition ISAD (G)
7.3. Data da descripción Decembro 2004

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 22/02/2005 10:46
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/