|
 |
|
Colección documental Méndez Núñez-Mendoza Babiano
|
|
Arquivo Gráfico do Museo de Pontevedra |
|
 |
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES:36038 AMPo |
1.2. |
Título |
Colección Documental Méndez Núñez-Mendoza Babiano |
1.3. |
Datas |
1517-S. XX |
1.4. |
Nivel de descrición |
Colección documental |
1.5. |
Volume e soporte |
42 caixas de arquivo. Soporte en papel |
|
 |
 |
 |
 |
2.1. |
Nome do produtor |
D. Casto Méndez Núñez e os seus descendentes |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
O almirante D. Casto Méndez Núñez (1819-1869), descendente de mariños, foi o personaxe máis importante desta familia pontevedresa. Nado en Vigo, estivo ó mando da primeira fragata acorazada da Armada Española, a “Numancia”, tamén o primeiro barco destas características que deu a volta ó mundo. Á fronte da Escuadra do Pacífico protagonizou un dos episodios máis tristes da historia naval española, a batalla de “El Callao” (Perú), atribuíndoselle a raíz deste feito o famoso dito “Más vale honra sin barcos que barcos sin honra”. Morto sen descendencia, as súas sobriñas-netas foron as derradeiras superviventes da familia en Pontevedra e, ata a súa morte polo 1973, un bo exemplo da sociedade burguesa da cidade |
2.3. |
Historia arquivística |
Concha e María Mendoza Babiano y Méndez Nuñez mantiveron no seu palacete da avenida de Santa María case todo o arquivo familiar deica a súa morte.
De forma moi fragmentaria foron facendo inventarios parciais da colección distintos bolseiros e persoal do Museo. O reconto total dos materiais levárono a cabo Mª Jesús Fortes Alén e, máis recentemente, Lara Rey Vázquez |
2.4. |
Forma de ingreso |
A ligazón das herdeiras de D. Casto ó Museo (María foi vocal do Padroado), condicionou que esporadicamente fixesen doazóns de documentación á institución (1929, 1942, 1943, 1951, 1957). Ó morrer tamén sen descendencia o resto do seu arquivo, así como outras pertenzas, se incorporárono ó Museo no 1973. Outras pezas soltas engrosaron o arquivo grazas ás doazóns de D. Julio Guillén (1947) e de D. José González Robatto (1974) |
|
 |
 |
 |
 |
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
O contido deste fondo é moi variado e está dividido en dúas partes; unha chamada “Méndez Núñez”, que consta de 31 caixas, e a outra denominada “Mendoza Babiano”, que ocupa 11. Nel atópanse dende documentos persoais e de administración de propiedades familiares ata libros de navegación de distintos barcos da Escuadra do Pacífico, notas profesionais de D. Casto Méndez Núñez e materiais da batalla de “El Callao”, incluíndo a felicitación da raíña Isabel II polo seu papel neste feito. Ademais hai unha parte do fondo dedicada á “Academia Compostelana de Jurisprudencia” |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
Non se fixo ningún expurgo |
3.3. |
Novos ingresos |
Non se produciron |
3.4. |
Organización |
DOCUMENTACIÓN PATRIMONIAL
- Documentos constitutivos da propiedade e transmisión de bens
- Documentos de administración da propiedade
- Documentos de administración da Casa de Sotomayor
DOCUMENTACIÓN DE CARÁCTER INDIVIDUAL
Documentación persoal
- Certificados sacramentais
- Correspondencia
- Pensións
- Certificados de estudos e follas de servizos
- Honores
Documentación individual de función
De D. Casto Méndez Núñez
- Filipinas
- Escuadra do Pacífico
- El Callao e Valparaíso
- Nomeamentos e homenaxes
- Correspondencia profesional
Doutros membros da familia
Varios
ACADEMIA COMPOSTELÁ DE XURISPRUDENCIA |
|
 |
 |
 |
 |
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
Libre |
4.2. |
Condición de reprodución |
Libre, previa solicitude por escrito e agás materiais encadernados e en mal estado |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
Castelán |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
Soporte en papel. Libros de bitácora encadernados de gran tamaño Algúns diplomas e títulos están gardados en planeiros polas súas dimensións |
4.5. |
Instrumentos de descrición |
Inventario no propio arquivo e publicado na revista do Museo |
|
 |
 |
 |
 |
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
É posible que haxa materiais relativos á batalla de “El Callao” no Museo Naval de la Marina, en Madrid |
5.2. |
Existencia e localización de copias |
|
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
|
5.4. |
Nota de publicacións |
Filgueira Valverde, Xosé F., “O arquivo do Museo de Pontevedra”, en El Museo de Pontevedra, t. XLII, Pontevedra, 1988 Rey Vázquez, Lara, “La colección Méndez Núñez-Mendoza Babiano”, en El Museo de Pontevedra, t. LV, Pontevedra, 2001 |
|
 |
 |
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Archivo do Museo de Pontevedra |
7.2. |
Regras ou normas |
General International Standar Archival Description, Second Edition ISAD (G) |
7.3. |
Data da descripción |
Decembro de 2004 |
|
 |
|
|