|
 |
|
Colección documental José Filgueira Valverde
|
|
Arquivo Gráfico do Museo de Pontevedra |
|
 |
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES. 36038 AMPo |
1.2. |
Título |
Colección documental de Xosé Filgueira Valverde |
1.3. |
Datas |
1906-1996 |
1.4. |
Nivel de descrición |
Colección documental |
1.5. |
Volume e soporte |
Máis de 400 caixas de arquivo. Soporte en papel |
|
 |
 |
 |
 |
2.1. |
Nome do produtor |
Xosé Filgueira Valverde |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
D. Xosé Filgueira Valverde naceu en Pontevedra en 1906. Estudou Dereito e Filosofía e Letras, exercendo profesionalmente neste último campo. Foi catedrático de literatura no Instituto de Ensinanza Media da súa cidade natal. Á marxe deste labor profesional involucrouse dende moi novo en proxectos culturais de grande envergadura. Foi patrono fundador en 1927, director (1942) e director emérito do Museo de Pontevedra, institución á que lle dedicou os seus maiores esforzos e á que estaría ligado ata a súa morte en 1996. Tamén foi fundador do Seminario de Estudos Galegos no 1923 e, despois da súa desaparición, membro e director a partir de 1972 do Instituto Pai Sarmiento de Estudos Galegos. Pertenceu ás Reais Academia Galega, da Historia, da Lingua e ás de Belas Artes de San Fernando de Madrid e da Virxe do Rosario da Coruña. Desempeñou tamén cargos públicos, sendo alcalde de Pontevedra e conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia entre 1982 e 1983 |
2.3. |
Historia arquivística |
O arquivo persoal xerado por D. Xosé Filgueira Valverde estivo gardado na súa casa. Antes do seu ingreso no Museo a arquiveira deste, Mª Jesús Fortes Alén, fixo unha primeira ordenación e un reconto e inventario xeral de todos os materiais que contén. Tras a súa chegada a bolseira Elena Díaz del Río comezou a informatización de todo o material autógrafo, catalogándoo segundo as normas do Ministerio de Cultura. O resto do material aínda está en fase de ordenación definitiva |
2.4. |
Forma de ingreso |
Depósito da Fundación Filgueira Valverde |
|
 |
 |
 |
 |
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
O contido do arquivo reflicte todas as actividades profesionais que levou a cabo o profesor Filgueira Valverde; materiais do seu papel como alcalde, director de instituto, procurador, conselleiro, director do I.P.S.E.G., etc. Pero quizais o máis valioso sexan os orixinais autógrafos por un lado doutros autores e por outra dos máis de 4.000 títulos entre conferencias, libros, folletos e artigos de prensa dos que é autor, todos eles de singular importancia para o coñecemento da lírica medieval e da historia local e mesmo rexional.
Atendendo a unha análise cronolóxica, atópanse dende materiais dos seus pais (cartas, colección de documentos de Cobián Areal...) e mostras das súas primeiras letras e debuxos deica os últimos borradores escritos poucos días antes de morrer. Aparte da correspondencia persoal e familiar é tamén moi interesante a estensísima serie epistolar que mantivo con moitos personaxes da cultura e da política galegas |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
Fíxose unha selección dos materiais, moitas veces fotocopiados e duplicados, deixando no arquivo soamente os orixinais ou unha copia dos manuscritos desaparecidos |
3.3. |
Novos ingresos |
Non están previstos |
3.4. |
Organización |
|
|
 |
 |
 |
 |
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
Libre para o material informatizado. Restrinxido para o resto dos documentos ata a catalogación total do arquivo |
4.2. |
Condición de reprodución |
Libre para o material catalogado, agás fondos en mal estado ou orixinais completos |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
Castelán e galego |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
O material de gran formato coma títulos, diplomas, etc. gardarase en planeiros |
4.5. |
Instrumentos de descrición |
Polo momento, catálogo de manuscritos no programa ABSYS para bibliotecas |
|
 |
 |
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
|
5.2. |
Existencia e localización de copias |
|
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
|
5.4. |
Nota de publicacións |
|
|
 |
 |
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Arquivo do Museo de Pontevedra |
7.2. |
Regras ou normas |
General International Standar Archival description, Second Edition ISAD (G) |
7.3. |
Data da descripción |
Decembro 2004 |
|
 |
|
|