|
 |
|
Colección documental Ángel Cobián Areal
|
|
Arquivo Gráfico do Museo de Pontevedra |
|
 |
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES.36038 AMPo |
1.2. |
Título |
Colección documental de D. Ángel Cobián Areal |
1.3. |
Datas |
1854-1901 |
1.4. |
Nivel de descrición |
Colección documental |
1.5. |
Volume e soporte |
8 caixas de arquivo. Soporte en papel |
|
 |
 |
 |
 |
2.1. |
Nome do produtor |
D. Ángel Cobián Areal |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
O médico pontevedrés D. Ángel Cobián Areal (1854-1901) foi un dos personaxes máis importantes da cidade a finais do século XIX. Naceu en Romai e estudou medicina en Madrid, trasladándose logo á súa terra natal. En Pontevedra foi o impulsor de numerosas iniciativas sanitarias que supuxeron grandes avances para aqueles tempos. Aquí fundou en 1897 o primeiro Instituto Antirrábico e Antidiftérico de Galicia aplicando os métodos e vacinas que el mesmo experimentara no Instituto Pasteur de Paris. Tamén foi o primeiro en introducir os Raios X na cidade e en suxerir a creación dun laboratorio para análises de alimentos. Nomeado polo Goberno da nación comisionado para o estudo da epidemia de peste en Portugal e das instalacións hospitalarias e bacteriolóxicas en Paris e Berlín, ó regreso destas empresas soubo aplicar medidas preventivas contra enfermidades infecciosas dende o seu posto de director do recén estreado Hospital Provincial en 1897. A nivel nacional a súa participación nalgunhas intervencións cirúrxicas, espectaculares para aqueles tempos, supúxolle un amplo recoñecemento na prensa do momento. No ámbito da vida pública exerceu como alcalde de Pontevedra entre 1891 e 1893. A súa prematura morte privou a Pontevedra dun dos persoeiros máis dinámicos daqueles tempos. |
2.3. |
Historia arquivística |
Despois da súa morte, a dirección do Instituto Antirrábico de Pontevedra recaeu noutro novo médico local e o doutor José Filgueira Martínez, pai de D. Xosé Filgueira Valverde. Ademais da dirección médica, fíxose cargo de todo o arquivo que o Dr. Cobián Areal fora xerando ó redor das súas actividades públicas e privadas. Co tempo, todos estes materiais pasaron a formar parte do arquivo de D. Xosé Filgueira Valverde.
Tras a súa entrada no Museo a bolseira do arquivo documental, Mª. Xesús Fortes Alén, ocupouse da súa ordenación e clasificación. |
2.4. |
Forma de ingreso |
No ano 1983 a Fundación Filgueira Valverde fixo un depósito de documentación ó Museo. Despois da morte de D. Xosé Filgueira e coa incorporación dos materiais da súa Fundación ó arquivo chegou outra parte deste fondo que aínda está sen clasificar. |
|
 |
 |
 |
 |
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
O contido do fondo está limitado no tempo á propia vida do Dr. Cobián Areal e algúns anos despois da súa morte, coa correspondencia médica do seu sucesor profesional D. Xosé Filgueira Martínez. En canto a tipoloxía, atópanse tanto documentación persoal como notas manuscritas relacionadas coas distintas funcións realizadas polo Dr. Cobián Areal, correspondencia, proxectos para instalacións sanitarias, fotografías de tema médico e incluso rexistros e historiais médicos dos enfermos tratados por el. |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
Non se fixo expurgo de materiais. |
3.3. |
Novos ingresos |
Coa incorporación ó Museo do arquivo e biblioteca da Fundación Filgueira Valverde, chegaron novos materiais pertencente, a este fondo. Non están previstos novos ingresos. |
3.4. |
Organización |
DOCUMENTACIÓN PERSOAL
- De estudos
- Cargos e nomeamentos
- Correspondencia particular e outros
DOCUMENTOS DE FUNCIÓN
- Alcalde
- Médico
INSTITUTO ANTIRRÁBICO E ANTIDIFTÉRICO |
|
 |
 |
 |
 |
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
Libre |
4.2. |
Condición de reprodución |
Libre previa solicitude por escrito agás materiais en mal estado |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
Castelán |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
Soporte en papel na súa totalidade |
4.5. |
Instrumentos de descrición |
Inventario en papel publicado |
|
 |
 |
 |
 |
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
No Arquivo Histórico Provincial atópanse materiais do Instituto Antirrábico e Antidiftérico. Tamén nos arquivos da Deputación e do Concello hay referencias ás distintas iniciativas deste médico pontevedrés. |
5.2. |
Existencia e localización de copias |
Non se coñecen copias |
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
|
5.4. |
Nota de publicacións |
Filgueira Valverde, Xosé F., “O Arquivo do Museo de Pontevedra”, en El Museo de Pontevedra, t. XLII, Pontevedra, 1988 Fortes Alén, Mª Jesús, “Don Ángel Cobián Areal y el Instituto Antirrábico a través de la documentación del Museo de Pontevedra”, en El Museo de Pontevedra, t. XLVI, Pontevedra, 1992 |
|
 |
 |
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Arquivo do Museo de Pontevedra |
7.2. |
Regras ou normas |
General International Standard Archival Description, Second Edition, ISAD (G) |
7.3. |
Data da descripción |
Decembro, 2004 |
|
 |
|
|