|
 |
|
Colección documental Gremio de Mareantes
|
|
Arquivo Documental do Museo de Pontevedra |
|
 |
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES.36038 AMPo |
1.2. |
Título |
Colección documental do Gremio de Mareantes |
1.3. |
Datas |
Ss. XII-XIX |
1.4. |
Nivel de descrición |
Colección documental |
1.5. |
Volume e soporte |
Catro caixas de arquivo. Pergamiño e papel |
|
 |
 |
 |
 |
2.1. |
Nome do produtor |
Gremio de Mareantes |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
O Gremio de Mareantes é sen dúbida o máis antigo e importante da historia de Pontevedra, convertendose nun preciso termómetro que reflectiu as épocas de esplendor e crises da Boa Vila ó longo da historia. Creado baixo a advocación da confraría do Corpo Santo, gozou de grande esplendor a finais da Idade Media e principios da Moderna, iniciándose logo unha decadencia paralela á mingua dos recursos marítimos e ó número de mariñeiros, pervivindo hoxe en día simplemente como congregación relixiosa. Froito da súa puxanza económica foi a construción da basílica de Santa María a Maior. No primeiro privilexio do rei Fernando II á vila no 1169 xa se fai mención a concesións de carácter marítimo. Os sucesivos privilexios reais e arcebispais, as ordenanzas, as sentenzas, etc., foron conformando a organización do Gremio, cuxos membros se concentraban fisicamente no barrio da Moureira, arrabal mariñeiro de Pontevedra |
2.3. |
Historia arquivística |
A falta dun local específico para a custodia dos documentos que xeraba o gremio, ata o século XVII permaneceron dispersos baixo a tutela dos distintos vigairos e outros responsables deste. Inda que xa a finais do século XVI se fixera algún reconto de escrituras, non é deica 1676 cando se leva a cabo unha verdadeira iniciativa para reunir e facer inventario de todo o arquivo. Coa decadencia do gremio, foise tambaleando tamén a unidade do corpo documental. O labor dos eruditos de finais do século XIX como Casal ou Sampedro, que dende a Sociedade Arqueolóxica foron conscientes do interese de preservar unha parte importantísima da historia económica da cidade, impediu que o arquivo do gremio se dispersase e perdese definitivamente.
Tras a chegada ó Museo de Pontevedra, D. Xosé Filgueira Valverde procedeu ó seu inventariado e catalogación en 1946 |
2.4. |
Forma de ingreso |
O arquivo de mareante está formado, se atendemos á súa procedencia, por dous grandes bloques. Dun lado está a parte procedente de D. Casto Sampedro, integrada na súa colección documental, adquirida pola Deputación en 1943 para o Museo, aínda que o propio Sampedro xa fixera depósitos dalgúns documentos en 1932. O outro gran bloque é o procedente do propio Gremio. Este tamén depositara no Museo algúns privilexios arcebispais ou outras escrituras por 1940 |
|
 |
 |
 |
 |
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
O arquivo do Gremio procedente deste contén tanto documentos orixinais coma traslados ou copias. Fan referencia a todos os aspectos da organización do gremio e ó seu funcionamento interno; empezadon polos distintos privilexios arcebispais e as distintas ordenanzas polas que se rexía. Tamén ten documentación relacionada cos preitos que mantivo con outras comunidades mariñeiras por asuntos de pesca, coa construción das embarcacións, cos costumes do propio gremio, etc |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
Non se fixo expurgo da documentación |
3.3. |
Novos ingresos |
Dende a súa adquisición, non se produciron novos ingresos |
3.4. |
Organización |
DOCUMENTACIÓN XERAL
- Recontos e inventarios do Arquivo
- Privilexios e tumbillo
- Reais
- Arcebispais
- Outros
- Tumbo
- Ordenanzas
- Visitas. Actas. Estatísticas
- Representación: vigairos, mordomos, procuradores xerais, apoderados
- Obrigacións e prácticas relixiosas
- Días de feira
- Igrexa de Santa María
- Festa do Corpus. Outras solemnidades e devocións
- Facenda: Bens e exaccións
- Bens comunais
- Barca
- Exaccións e exencións do Gremio: “lume de San Miguel”, portádego, “ruedas”
- Exaccións arcebispais
- Alcabalas e exaccións varias da “Vila”
- Tributos e exaccións en xeral; achegas varias
- Contas varias
- Guerra: Levas e aloxamentos
- Cuestións de xurisdicción e ordes xerais
- Xurisdición
- Participación de “terrestres” nas faenas do mar
- Ordes, mandatos e provisións de carácter xeral
DOCUMENTACIÓN ESPECIAL SOBRE NAVEGACIÓN, PESCA, MANIPULACIÓN E VENDA DO PEIXE
- Construción e fletamento
- Pesca
- Xeral
- Aparellos: xeitos, xábegas, bous, etc.
- Litixios con Combarro, Raxó e Samieira
- Litixios con Sanxenxo e Portonovo
- Litixios con Canto da Area e Marín
- Litixios con Bueu
- Litixios con Cangas e Aldán
- Litixios con Baiona
- Litixios con vilas da ría de Arousa
- Varia
- Manipulación do peixe: Carga e descarga, salga, graxa de saín
- Venda do peixe e mercaderías
- Distribución e beneficios
DOCUMENTACIÓN PERSOAL E VARIA |
|
 |
 |
 |
 |
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
Libre |
4.2. |
Condición de reprodución |
Libre, previa solicitude por escrito excepto documentación en mal estado |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
Castelán |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
A maioría atópase en soporte de papel, aínda que hai exemplares en pergamiño de gran tamaño que precisan a súa garda en planeiros. |
4.5. |
Instrumentos de descrición |
Catálogo publicado por Xosé Filgueira Valverde |
|
 |
 |
 |
 |
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
Hai referencias ó Gremio de Mareantes noutros arquivos e museos coma Arquivo do Reino de Galicia, o Museo Naval de Madrid ou o Arquivo da Catedral de Santiago. Tamén no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra se atopan materiais do gremio. |
5.2. |
Existencia e localización de copias |
|
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
|
5.4. |
Nota de publicacións |
Filgueira Valverde, Xosé F.: Arquivo de Mareantes, Pontevedra, 1946 Filgueira Valverde, Xosé F.: “O Arquivo do Museo de Pontevedra”, en El Museo de Pontevedra, tomo XLII, Pontevedra, 1988 |
|
 |
 |
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Arquivo do Museo de Pontevedra |
7.2. |
Regras ou normas |
General International Standard Archival Description, Second Edition, ISAD (G) |
7.3. |
Data da descripción |
Decembro, 2004 |
|
 |
|
|